Novas
patrimonio
Novas
Novas
O BNG compromete a recuperación da casa natal de Carvalho Calero.
20/maio/2023
Iván Rivas sinalou que o BNG quere poñer en valor a unha das personaxes fundamentais da historia, da cultura eda intelectualidade desta cidade e deste país
Novas
O BNG compromete un centro de interpretación que poña en valor o patrimonio prehistorico da nosa cidade.
14/maio/2023
A creación deste centro de interpretación é un elemento chave xunto a vontade do proximo goberno local liderado polo BNG que estabelecerá unha nova referencia na cidade de Ferrol pensada desde o pasado para encarar o futuro.
Novas
O BNG acusa o desprezo a nosa lingua no simposio “Apuntado ao Mar”
03/feb./2023
Maria do Mar López, concelleira do BNG, sinalou que unha vez máis temos que facer fincapé no desleixo á nosa lingua que fan as administracións organizadoras deste evento nomeadamente a presidencia da Deputación da Coruña e o noso concello que presta o teatro Jofre para desenvolvelo e onde comprobamos que a nosa lingua queda só enmarcada no nome da actividade.
Novas
O BNG pide explicacións polo retraso na constitución do ente xestor da candidatura a Patrimonio Mundial.
22/set./2022
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera que despois de vinte anos de que esta iniciativa botara a andar non é de recibo que as administracións implicadas nesta iniciativa e na súa xestión celebren reunións só de cara a galería e nas que non se toma ningún acordo concreto non se da conta de cales son os atrancos para que a proposta se efectivice.
Novas
O BNG advirte que non hai ningún compromiso concreto para proxecto de recuperación das baterías de costa
16/xuño/2022
Iván Rivas solicitoulle ao goberno local que se dirixa ao Ministerio de Defensa para que cumpra coas súas obrigas de mantemento e conservación das baterías existentes na costa antes de anunciar convenio que nin están en vigor, nin tampouco recollen compromisos concretos.
Novas
Novas
Defensa resposta ao BNG que o concello de Ferrol non lle esixe o mantemento das baterías militares en desuso
24/mar./2022
O Ministerio de Defensa ven de respostar a unha iniciativa do BNG afirmando que non ten constancia de recibir ningunha comunicación do concello de Ferrol para que manteña en bon estado estas instalacións.
Novas
O BNG pide declarar a casa de Carvalho Calero como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER)
09/mar./2022
Iván Rivas instou a Xunta e ao goberno local a tramitar de xeito imediato declaración da casa natal de Carvalho Calero e as parcelas afectadas por este proxecto como zona zona de especial necesidade de rehabilitación (ZER).