O BNG compromete a recuperación da casa natal de Carvalho Calero.
Ferrol 20 de maio de 2023. Ivan Rivas, candidato do BNG a alcaldia de Ferrol, acompañado de membros da candidatura nacionalista participou está mañá nun roteiro ao redor da presencia da figura de Carvalho Calero na cidade no que manifestou o compromiso do BNG coa rehabilitación da súa casa natal para convertila nun centro de referencia da historia, da cultura e da lingua na nosa cidade e que sirva, asi mesmo, de lugar de encontro para o barrio.
Iván Rivas sinalou que o BNG quere poñer en valor a unha das personaxes fundamentais da historia, da cultura eda intelectualidade desta cidade e deste país
como é Carvalho Calero. Para poñer esta figura e valor é fundamental a recuperación da súa casa natal. Rivas afirmou que tras o proximo 28 de maio desde o BNG comprometémonos coa rehabilitacióne recuperación da súa vivenda para convertila nun centro de referencia da Historia, da cultura e da lingua nunha cidade como Ferrol, que sirva de lugar de encontro para o barrio e que sirva de lugar de investigación. Así mesmo ten que servir como lugar de referencia para estabelecer un lugar de conexion co pasado dun barrio como o de Ferrol Vello que afonda as raices desta cidade na historia de Galiza incluindo a idade media ou a nosa instrínseca relación coas Irmandades da Fala.
Rivas indicou que Carvalho Calero deixounos unha lección para o futuro que consiste en afirmar que o Galego non terá futuro mentras a súa estrutura dependa gramaticalmente do castelán e aproveitou esa imaxe para poñela en referencia do que acontece na nosa cidade. Ferrol necesita un goberno local sen dependencias externas e o feito de que por parte da Xunta e do actual goberno local, tras a anulación do Plan Especial de Ferrol Vello, non se quixese abordar a declaración de zona ZER para iniciar de maneira imediata a recuperación da casa natal de Carvalho demostra a indiferencia diante do patrimonio e de figuras como Carvalho Calero por parte destas administracións.
Rivas afirmou que desde o BNG comprometemonos de maneira explicita a acometer esa rehabilitación e a recuperación desta vivenda de maneira inmediata utilizando os instrumentos que temos ao noso dispor e o primeiro paso sería abordar a declaración de zona ZER o que nos permitiría abordar de maneira imediata o proxecto de rehabilitación .