MÓN FERNÁNDEZ: “A XUNTA TEN QUE ASUMIR QUE DEBE GARANTIR OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE”
O BNG PIDE A XUNTA CELERIDADE NAS OBRAS DE ACCESIBILIDADE PRECISAS NO CEIP DE ESTEIRO
Ferrol 26 de xuño de 2026. Món Fernández, Deputado e candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, anunciou está mañá que levará ao Parlamento Galego a situación que se está a vivir no CEIP de Esteiro da nosa cidade en relación á problemática que padece un dos seus alunos, un neno de sete anos que se chama Leo, que padece a enfermidade de Niemann pick o que lle impide, entre outras cousas, subir as escaleiras do centro e indicou que resulta incomprensíbel o atraso que acumula á Xunta para acondicionar o centro e facilitar a accesibilidade deste e doutros estudantes.
Món Fernández, lembrou que desde novembro do ano 2023, a dirección do centro ven reclamando a Xunta de Galiza a instalación dunha ascensor así como a remodelación dos baños para que se poda dispor dun baño adaptado. Indicou que esta semana visitou as instalacións acompañados da presidenta da Ampa,o que serviu para comprobar como no centro non hai ningún sistema de elevación, ningún sistema de axuda para superar a barreira das escaleiras e ademais de ver que os baños son os orixinais do centro e non están adaptados. “Resulta imposible que nos actuais baños poida accede unha persoa en cadeira de rodas, imposible que en aquelas instalacións unha persoa, unha coidadora, poida darlle atención a persoa que precise de coidados nas debidas condicións”.
Desde novembro de 2023, que é a data do primeiro correo que se envía desde a dirección do centro aos servizos da xunta de Galicia para que se adapte o centro, se instale ese ascensor e se adapten nos baños, existe todo un rónsel de comunicacións, de idas e venidas, de correos electrónicos, mais o feito é que a día de hoxe rematou o curso e ali non hai ni na máis mínima idea, sospeita ou sombra, de cando van a comezar as obras. Unhas obras que, por outra parte, van ter un gran impacto no centro, se se realizan, tal como están recollidas no proxecto elaborado pola Xunta porque ten que perforar, dúas placas, van afectar aos baños existentes na zona afectada do edificio. Ademais dende o BNG salientan que aínda non se coñece se as obras do ascensor van a contemplar a execución do baño adaptado porque no proxecto nada máis que aparece a instalación dun ascensor.
O BNG lembra que estamos a falar dun centro, como moitos outros da comarca e seguramente de todo o país, que está incumprindo a normativa de accesibilidade, unha Lei do ano 2014 e a previa do ano 2013 dos dereitos das persoas con discapacidade, que é unha cousa que a Xunta non acaba de asumir, nin de facer os plans que ten que facer para adaptar todas as súas instalacións e este é un exemplo do que pasa cando a Xunta incumpre as súas obrigas, Que ao final hai persoas que están sendo discriminadas nos seus dereitos. No caso de Leo, o centro, xa tivo que tomar medidas excepcionais, como que a aula de primeiro se impartira no baixo, para evitar que teñan que subir as escaleiras, pero para o ano que ven seguir facendo apaños deste tipo non é posible.
Mon Fernández comprometeuse a trasladar ao Parlamento a solicitude de que se realizen esas obras inmediatamente e que se incorpore a este proxecto a remodelación dunha aula que teñen anexa á zona onde se van realizar as obras para que ali se faga un baño e un cambiador nas debidas condicións, para que o leo poida seguir asistindo regularmente a este centro onde ademais está perfectamente integrado. Tamén solicitarán que se manteñan as dúas persoas que están realizando os seus cuidados a día de hoxe.
Por outra parte Mon Fernandez quixo poñer tamen enriba da mesa o caso de que este rapaz ao ter superado os seis anos deixou de recibir atención temporá. O que implica que Leo estaba recibindo unha serie de cuidados de fisioterapia que agora non recibe. Así que os tratamentos de fisioterapia e de logopedia que el necesita, que son moi necesarios para el por as súas patoloxías, o está pagando a través de recursos privados.
Esta tamén é outra das cuestión que imos trasladar ao Parlamento, a necesidade de ampliar non só a idade de atención temporal, senón os recursos. Porque, como indicamos, a día de hoxe, Leo viña recibindo sesións de fisioterapia, pero non de logopedia, por exemplo.