O BNG LAMENTA A SITUACIÓN DE ABANDONO DUNHA PARTE DO ANTIGO HOSPICIO

Hospicio
WhatsApp Image 2026-05-08 at 16.38.50
O BNG LAMENTA A SITUACIÓN DE ABANDONO DUNHA PARTE DO ANTIGO HOSPICIO

Ferrol 7 de maio de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol denuncia a situación na que se encontra a parte do edificio do Antigo Hospicio que da a rúa María. Considera unha autentica deixadez que o goberno local de Rey Varela non teña nas súas preocupacións nin nas súas prioridades a conservación de edificios municipais de un valor histórico como este, deixando que continúe deteriorándose e sen visos de que se actúe sobre el ante a falla de un proxecto de rehabilitación.

 

Roberto Montero, concelleiro do BNG, alertou de que se trata dunha irresponsabilidade do goberno municipal do PP manter edificios desta singularidade e de propiedade municipal neste estado ruinoso. “ Só un goberno necio e incauto e capaz de deixar deteriorar os edificios públicos de gran valor mentres gasta cartos en comprar outras parcelas e inmobles no centro da cidade, creo que o alcalde debería de explicar a veciñanza esta forma de proceder”

Hospicio
Hospicio

Os nacionalistas advirten que este desleixo do goberno municipal ten outras consecuencias que inciden directamente sobre entidades da nosa cidade como a banda de música ACOTAGA que foi desaloxada deste edificio sen que o goberno local ofreza a este colectivo outro local en condicións que satisfaga as necesidades dos máis de 80 músicos que participan nesta asociación.

Montero considera necesario que por parte do concello de Ferrol se elabore e acometa de xeito definitivo e a maior brevidade posíbel un proxecto de rehabilitación así como unha reserva orzamentaria para executar as obras desta parte do Hospicio. “Parece que o PP tiña máis intención de ocultar esta situación que de acometer esta rehabilitación, tampouco parece de recibo que unha entidade como ACOTAGA que fai un traballo sen animo de lucro con moitos rapaces e rapazas da nosa cidade non se lle teña buscado un local alternativo, a estas alturas, que cumpra coas súas necesidades, polo tanto instamos o goberno local a que atenda as súas reclamacións e que se lles garanta un local axeitado para a súa actividade”

Hospicio
Hospicio

O BNG considera que a nosa cidade non pode seguir mirando para outro lado na conservación do noso patrimonio, exemplos como o da casa natal de Carvalho Calero ou a falla de iniciativas de rehabilitación na c por parte do concello como tamén da xunta de Galiza lastran o conservación do patrmonio na cidade.

 

O BNG LAMENTA A SITUACIÓN DE ABANDONO DUNHA PARTE DO ANTIGO HOSPICIO