O BNG compromete un centro de interpretación que poña en valor o patrimonio prehistorico da nosa cidade.
Ferrol 14 de maio de 2023. Iván Rivas, candidato do BNG à alcaldía de Ferrol, avanzou esta maña a proposta nacionalista para a creación na nosa cidade dun centro de interpretación da cultura prehistorica da nosa cidade que englobaria a cultura castrexa, os petroglifos e a necrópole dos Montes do Chá entre outros elementos patrimoniais desta cultura que forman parte intrínseca dunha cidade como Ferrol.
O BNG achegouse á parroquia de San Xurxo para de desenvolver un roteiro guiado polo castro de Lobadiz daman da Asociación de Ferrolterra Antiga, unha asociación que está a desenvolver un traballo inxente de recuperación e posta en valor de todo patrimonio da cidade. O Obxectivo desta actividade é descubrir os grandes recursos que temos en Ferrol e que debemos poñer en valor.
Iván Rivas salientou que xunto ao castro de Lobadiz temos na zona o castro de Fontá ou a Lagoa de Doniños, o castro de Esmelle, a ermida de Santa Comba, os petroglifos de Chamorro elementos que constituen un rico patrimonio etnoloxico e arqueolóxico que nos vincula co máis profundo da cultura galega e que nunha cidade como Ferrol son recursos que compre poñer en valor, que compre ordenar e que compre recuperar.
Iván Rivas avanzou o compromiso do BNG na recuperación e limpeza de todos estes epazos, a promoción da súa investigación mediante escavacións arqueolóxicas que nos ofrezan un coñecemento máis personalizado sobre o que ten acontecido aquí naqueles momentos da historia. Ademáis acompañar estas medidas coa súa xestión a través da creación dun centro de interpretación sobre esta cultura. O BNG quere poñer en valor todos estes elementos dun valor salientábel.
En Ferrol debemos darnos conta que unha das grandes potencialidades que ten esta cidade é poñer en valor o seu patrimonio e a súa recuperación.. Polo que situou a creación deste centro de interpretación como un elemento chave xunto a vontade do proximo goberno local liderado polo BNG que estabelecerá unha nova referencia na cidade de Ferrol pensada desde o pasado para encarar o futuro.