Novas
lingua
Novas
O BNG propón ao concello fomentar o uso da lingua galega no deporte base da cidade.
26/mar./2025
Presentará esta inicaitiva na reunión que celebrará mañá o Consello da Lingua. Desde o BNG queremos impulsar un plan onde tanto o concello como as entidades teñan vontade para abondar na normalización da nosa lingua.
Novas
O BNG esixe a retirada inmediata da instrución antigalego do goberno de Rey Varela
11/abr./2024
Desde o BNG non imos tolerar estas actitudes e iniciaremos unha campaña de recollida de apoios entre a veciñanza e colectivos da cidade para exixir a retirada desta instrución e que levaremos ao pleno de fin de mes.
Novas
O BNG comprométese a traballar para recuperar a presenza do Galego en Ferrol
17/maio/2023
Para Rivas é fundamental que se desenvolvan actividades nas cales os mozos e mozas poidan atopar un lugar de referencia para colectivizar na lingua que os identifica como galegos e galegas.
Novas
O BNG aposta por poñer en valor a figura de Rosalía e dignificar a praza que leva o seu nome.
23/feb./2023
Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, salientou que actos como este son necesarios para homenaxear a unha figura fundamental na construción do que somos como país. Definiu a Rosalia como unha figura galega, rebelde e universal e salientou tamén o carácter reivindicativo desta homenaxe polo feito de que un ano mais, por parte do goberno local, se esquece cales son as nosas referencias culturais
Novas
O BNG acusa o desprezo a nosa lingua no simposio “Apuntado ao Mar”
03/feb./2023
Maria do Mar López, concelleira do BNG, sinalou que unha vez máis temos que facer fincapé no desleixo á nosa lingua que fan as administracións organizadoras deste evento nomeadamente a presidencia da Deputación da Coruña e o noso concello que presta o teatro Jofre para desenvolvelo e onde comprobamos que a nosa lingua queda só enmarcada no nome da actividade.
Novas
O BNG censura o menosprezo do goberno local para coa lingua galega
21/set./2022
María do Mar López, concelleira do BNG, lamentou esta actitude e censurou que nos actos protocolarios deste concello, como o acto do pasado domingo coa entrega da medalla de prata á escritora Julia Uceda, os representantes do goberno local negaronse a empregar a lingua galega nas súas intervencións.
Novas
O BNG censura ao goberno local pola marxinacion do galego no congreso “Ferrol Destino Patrimonio Mundial”
23/abr./2021
Maria do Mar lópez, concelleira do BNG, quixo lembrar à responsábel de patrimonio que a nosa lingua tamén é un ben patrimonial e que é obriga do goberno municipal promovelo, potencialo e empregalo por ser a lingua oficial do concello de Ferrol tal e como recolle a Ordenanza de Normalización Lingüística. Non se entende a responsabel deste simposio optara por non utilizar a nosa lingua no acto inaugural, o que demostra a pouca sensibilidade que ten para coa lingua galega.
Novas
O BNG considera inaceptábel que os actos de homenaxe a Carvalho Calero non se realicen en Ferrol
29/out./2020
Iván Rivas cualificou estes feitos como unha decisión inaceptábel e sinalou que resulta evidente que dada a situación sanitaria provocada pola covid-19 non se poden desenvolver estes actos, nin nestes dias nin ao longo dos próximos meses, e que o lóxico é que o ano Carvalho Calero prolongue a súa celebración ao ano 2021 tal e como reivindicou unanimemente o pleno do concello de Ferrol.
Novas