O BNG censura a exclusión do galego no ciclo de cine de verán

foto 2
foto 2
O BNG censura a exclusión do galego no ciclo de cine de verán

Ferrol 17 de xullo de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura, unha vez máis, o menosprezo para coa nosa lingua do goberno municipal de Ferrol e a súa teima por excluir a lingua galega das actividades públicas na nosa cidade.


 

Roberto Montero, concelleiro do BNG, lamentou esta actitude e censurou que o ciclo de cine de na rúa ao abeiro das actuacións de dinamización comercial e hostaleira previsto para a nosa cidade exclúa por completo ao galego da súa programación e non se vai a proxectar ningún filme na nosa lingua.


 

Roberto Montero recriminou a actitude do edil de participación, Javier Díaz, por asegurar que non se vai empregar o galego nesta actividade “porque pode vir xente de fóra”. Unha actitude incomprensíbel que demostra o auto-odio pola nosa lingua do Partido Popular.


 

Desde O BNG seguimos sen entender o porque desta indolencia coa nosa lingua que se repite continuamente nas actividades e actos deste goberno local. Desde o BNG pensamos que hai un acto deliberado por pura vontade de facer menos a nosa lingua e non vela como unha lingua igual de válida para calquera eventos, polo que pide ao goberno local que reconsidera a súa actitude e inclúa ao noso idioma dentro desta programación.

O BNG censura a exclusión do galego no ciclo de cine de verán