O BNG aposta por poñer en valor a figura de Rosalía e dignificar a praza que leva o seu nome.
Ferrol 23 de febreiro de 2023. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu esta mañá, na praza de Rosalía no barrio de San Xoán, un acto para conmemorar o Día de Rosalía diante da decisión do goberno municipal de non programar ningunha actividade con este fin.
Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, salientou que actos como este son necesarios para homenaxear a unha figura fundamental na construción do que somos como país. Definiu a Rosalia como unha figura galega, rebelde e universal e salientou tamén o carácter reivindicativo desta homenaxe polo feito de que un ano mais, por parte do goberno local, se esquece cales son as nosas referencias culturais. E considera que o goberno local actúa nesta cuestión cunha actitude acomplexada que impiden que como pobo poidamos demostrar o que somos o que fomos e o que queremos ser no noso futuro.
Iván Rivas, aproveitou este acto, no que participou a asociación veciñal de san Xoán para lamentar que o alcalde de Ferrol obvie o feito de que neste barrio da nosa cidade exista unha praza como esta. Unha praza que debería ser unha referencia e que o goberno local ten abandonada. O BNG aposta por dignificar estes espazos tanto desde o punto de vista físico como desde o punto de vista intelectual. A praza de Rosalia en San Xoan é un exemplo mais do que acontece nesta cidade cos espazos referenciais do mesmo modo que acontece en Ferrol Vello coa casa de Carvalho Calero e achacou á indiferenza do goberno local e non a falla de recursos o estado de abandono destes dous proxectos avogou por enfrontar estas obras de reparación e dignificación destes espazos de xeito urxente.