O BNG censura o menosprezo do goberno local para coa lingua galega

maria do mar
maria do mar
María do Mar López, concelleira do BNG, lamentou esta actitude e censurou que nos actos protocolarios deste concello, como o acto do pasado domingo coa entrega da medalla de prata á escritora Julia Uceda, os representantes do goberno local negaronse a empregar a lingua galega nas súas intervencións.
O BNG censura o menosprezo do goberno local para coa lingua galega

Ferrol 19 de setembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura, unha vez máis, o menosprezo para coa nosa lingua do goberno municipal de Ferrol co seu máximo responsábel á fronte, o alcalde Angel Mato, e a súa teima de excluir a lingua galega das súas intervencións nos actos institucionais da corporación.

 

María do Mar López, concelleira do BNG, lamentou esta actitude e censurou que nos actos protocolarios deste concello, como o acto do pasado domingo coa entrega da medalla de prata á escritora Julia Uceda, os representantes do goberno local negaronse a empregar a lingua galega nas súas intervencións.

 

Parece ser que este goberno se sinte máis cómodo utilizando o español que o galego, pero desde o BNG temos que lembrarlle ao alcade e ao concelleiro de cultura que non estan no seu ámbito privado, senón que tanto o señor Mato, alcalde desta cidade, como o señor Golpe estaban neste acto por ter un cargo que representa a toda a institución municipal. Un cargo que leva condicionado o uso do noso idioma, o idioma galego, e que segundo a ordenanza de Normalización Lingüística así como tamén o estatuto de autonomía, a lingua galega é a lingua vehicular e de uso para calquera documento ou acto que se faga dende o concello.

 

Mais o señor Mato e o señor Golpe foron as notas discordantes dun acto totalmente feito en lingua galega. Eles saíronse do uso da nosa lingua ou ben por quedar ben ante non sabemos quen ou simplemente porque lles deu a gana.

 

Desde O BNG seguimos sen entender o porque desta indolencia coa nosa lingua que se repite en moitos destes actos por parte deste goberno local. Desde o BNG temos que pensar que hai un acto deliberado por pura vontade de facer menos a nosa lingua e non vela como unha lingua igual de válida para este tipo de eventos.

O BNG censura o menosprezo do goberno local para coa lingua galega