O BNG comprométese a traballar para recuperar a presenza do Galego en Ferrol

concentración Plataforma Queremos Galego
concentración Plataforma Queremos Galego

Para Rivas é fundamental que se desenvolvan actividades nas cales os mozos e mozas poidan atopar un lugar de referencia para colectivizar na lingua que os identifica como galegos e galegas.

O BNG comprométese a traballar para recuperar a presenza do Galego en Ferrol

Ferrol 17 de maio de 2023. Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, acompàñado de membros da candidatura nacionalista participou esta mañá na concentración convocada pola Plataforma Queremos Galego en apoio a lingua e comprometeu o esforzo dun goberno liderado polo BNG para atallar o declive do galego en Ferrol e dar a oportunidad à xente máis nova da cidade de contar con espazos de socialización na nosa lingua.

Iván Rivas, candidato do BNG, advertiu do compromiso e da promoción limitada que desde o concello se fai da nosa língua que se evidencia nesta campaña electoral na actitude dos representantes do Partido Popular e do PSOE cando vehiculizan os seus discursos unicamente en castelán. Fronte a isto para o BNG resulta necesario e obvio que temos que tomar decisións co obxecto de recvertir este situación e comprometeuse a que a lingua galega sexa un elemento transversal en toda a actividade que se faga desde a admnistración local.

O BNG advertiu que ao longo destes anos, desde o goberno local, non existiu ningún tipo de compromiso coa lingua galega. Non se convocou o Consello Municipal da Lingua nen se desenvolveron actividades co obxectivo de promocionar a lingua nun momento que se encontra nunha situación moi preocupante sobre todo entre a xente mais nova da cidade.

Iván Rivas sinalou que desde o BNG comprometémosnos a que calquera tipo de contrato ou xestión que se teña que facer por parte de empresas externas co concello de Ferrol se teña que vehiculizar en lingua galega. Asi mesmo puxo énfase en que o máis importante é que traballaremos para que a xente máis moza da cidade poida ter foros de socialización e encontro nos que a lingua galega sexa vehicular.