O BNG propón ao concello fomentar o uso da lingua galega no deporte base da cidade.

Ferrol a 25 de marzo de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera necesario a implementación dun plan de fomento do galego no Deporte da cidade, tanto nas escolas deportivas, nas entidades deportivas así como a necesaria inclusión de que o galego sexa a lingua vehicular nas actividades extaescolares dos CEIPs do noso concello.
María do Mar López, concelleira do BNG, avanzou que presentarán esta inicaitiva na reunión que celebrará mañá o Consello da Lingua. Desde o BNG queremos impulsar un plan onde tanto o concello como as entidades teñan vontade para abondar na normalización da nosa lingua.
Con esta medida estariase garantindo o fomento do galego neste ámbito tentando avanzar na normalización do uso do galego, entre a poboación menor de 18 anos.
María López, concelleira nacionalista, lembrou que a situación na que se atopa a lingua galega tanto na nosa cidade como no resto do país é de emerxencia e para reverter esta situación necesitase de plans extratéxicos para dotar aos máis novos dunha vida en galego completa en todos os ámbitos. E como o deporte é unha ferramenta que utilizan as crianzas no seu tempo de lecer, é que se fai necesario implementar plans para que tamén o tempo de lecer poida facerse en galego.
Trátase de poñer en marcha accións que non son novas e que xa se están a desenvolver noutros territorios con lingua propia do estado. A proposta formúlase no Consello da Língua por ser onde están presentes os grupos políticos como as entidades preocupadas polo noso idioma co fin de podermos, entre todos, abondar na normalización da nosa lingua.