O BNG conversou na lareira con propostas para a recuperación e normalización da nosa lingua

IMG_20190518_192208
O BNG conversou na lareira con propostas para a recuperación e normalización da nosa lingua

Ferrol, 19 de maio de 2019.  No día de onte o BNG de Ferrol e o seu candidato á alcaldía Iván Rivas quixeron traballar na lareira, entre café e biscoitos, con Bernardo Penabade, un dos representantes do Modelo Burela, un dos modelos actuais de éxito no avance da lingua galega entre a mocidade e as familias de Burela.

Co seu Modelo Burela abriu onte á tarde Bernardo Penabade este encontro para propor alternativas para un posible Modelo Ferrol, alí comentáronse diversas propostas conectadas co exemplo internacional da mesma Burela en cuestións de Planificación sociolingüística. O Modelo Burela foi premiado e recoñecido en numerosas ocasións en Euskadi, Cataluña, Valencia, etc. Foi o que inspirou o paradigma aplicado no cinto urbano de Valencia ou en diferentes localidades do País Vasco.

En Burela a lingua habitual de máis do oitenta por cento das persoas é o galego. Na mocidade esta porcentaxe sobe 5 ou 6 puntos. Esta tendencia confirma o avance significativo do Modelo Burela que conecta directamente co plurilingüismo e coa diversidade cultural que achega a migración xa enraizada no galego, por exemplo de Cabo Verde, Indonesia, Perú, etc. As persoas que acudiron ao encontro analizaron e propuxeron alternativas ao redor deste proxecto, poñendo en valor as características propias de Ferrol.

O voceiro do BNG de Ferrol, Iván Rivas, empatizou de partida con todas estas propostas entroncándoas coa reunión do día anterior de persoas migrantes e cun futuro para Ferrol que atraia persoas de recente chegada, de diferentes culturas e de reforzo do noso, de dignificación dunha cultura, a galega, moitas veces mesmo estranxeira na súa patria. Rivas animou a participar a diferentes colectivos ofrecendo o BNG como espazo para crear e avanzar coa lingua galega.

O BNG conversou na lareira con propostas para a recuperación e normalización da nosa lingua