Novas
orzamentos municipais
Novas
O BNG exixe a Mato que defenda os inereses do concello e reclame as débedas a Urbaser
14/xuño/2022
Iván Rivas, portavoz do BNG, lembra que Urbaser ten pendente de indemnizar ao concello de Ferrol con 317.931 € polos beneficios que obtivo por explotar a concesión do servizo de recollida de lixo na nosa cidade, no ano 2018,
Novas
BNG lamenta que Ferrol só executara 0 1% dos investimentos.
19/maio/2022
Iván Rivas considera moi preocupante que o concello de Ferrol só gastará 239.000€ do capítulo de investimentos no primeiro trimestre do ano tal e como se desprende do informe de execución orzamentaria presentado esta mañá en comisión de Facenda.
Novas
O BNG acusa a Mato de paralizar investimentos necesarios para a cidade
18/abr./2022
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, salientou que pese aos intentos do BNG por desenvolver estas iniciativas a decisión de Angel Mato de paralizar a execución destas iniciativas supón regresar á política de contención do gasto público que imperaba no concello de Ferrol desde o ano 2012.
Novas
O BNG advirte da irresponsabilidade do goberno local por non executar o orzamento.
22/mar./2022
Iván Rivas cualificou de absolutamente irresponsábel a política económica do goberno local e considera que o Alcalde desta cidade non só no fai nada para paliar a situación actual senón que vai no senso contrario aos intereses dos veciños e veciñas.
Novas
O BNG alcanza un acordo para apoiar os orzamentos municipais de Ferrol para o 2021
25/xuño/2021
Iván Rivas destacou que este acordo está baseado en criterios de carácter político que teñen que servir de punto de inflexión para o futuro da cidade.
Novas
O BNG propón que os orzamentos incluan a remunicipalización do servizo de desbroces na zona rural
12/maio/2021
Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinalou que esta proposta vai encamiñada a reorientar os orzamentos municipais e revertir a política de privatizacións e externalizacións de servizos públicos, desenvolvida neste concello desde o ano 2012 co Partido Popular á fronte desta alcaldía, e mellorar un dos servizos básicos que esta cidade presta. Neste caso, nun dos entornos desfavorecidos pola falla de investimento e apoio público como son os barrios e os espazos da zona rural.
Novas
O BNG pide que os orzamentos municipais sirvan para mudar as políticas desenvolvidas en Ferrol.
10/maio/2021
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, instou ao Alcalde da cidade a reorientar os orzamentos para que sirvan de punto de inflexión para mudar a situación da cidade mediante políticas de expansión do público asumindo directamente a xestión de servizos básicos, que deben empregar os recursos municipais en desenvolver investimentos que resolvan os problemas da cidade e non que xeren máis por infrautilización ou por supoñer un incremento dos gastos posteriores de mantemento e instou ao goberno a redefinir a política recadatoria do concello exixíndolle aos que deben asumir a súa responsabilidade tributaria que o fagan no canto de buscar nos petos veciños e veciñas da cidade con multas e sancións a maneira de compensar os privilexios doutros.
Novas
O BNG acusa ao goberno local de agochar información para limitar o debate dos orzamentos 2021.
10/maio/2021
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinala que o goberno local pretende facer un debate parcial sobre a política económica municipal na que nin a política de persoal, nin a xestión de EMAFESA, nin o reparto do diñeiro público mediante subvencións públicas se poñen, cando menos, enriba da mesa.
Novas
O BNG advirte do incremento da presión fiscal nos orzamentos municipais para o 2021
08/maio/2021
Iván Rivas inidcou que o desmedido afán recadatorio do goberno a través da imposición de multas e sancións aos veciños e veciñas da cidade demostra a súa total indiferenza do PSOE diante da situación que estamos a vivir na cidade produto non só da crise sanitaria económica provocada polo Covid 19 senón pola falta de carga de traballo nos estaleiros da ría.