BNG lamenta que Ferrol só executara 0 1% dos investimentos.

Ivan Rivas
Ivan Rivas
Iván Rivas considera moi preocupante que o concello de Ferrol só gastará 239.000€ do capítulo de investimentos no primeiro trimestre do ano tal e como se desprende do informe de execución orzamentaria presentado esta mañá en comisión de Facenda.
BNG lamenta que Ferrol só executara 0 1% dos investimentos.

Ferrol 18 de maio de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, exixiu esta mañá ao goberno municipal que mude a política económica e advertiu que non é aceptábel nin xustificábel que nos tres primeiros meses do ano só se executara o 1% dos investimentos previstos.

Iván Rivas considera moi preocupante que o concello de Ferrol só gastará 239.000€ do capítulo de investimentos no primeiro trimestre do ano tal e como se desprende do informe de execución orzamentaria presentado esta mañá en comisión de Facenda. O goberno de Angel mato se adica a presentar proxectos que despois non executa, como demostra o feito de que dunha previsión de gasto de 26,38 millóns de euros para este ano, no primeiro trimestre só executara 239.000 € é dicir o 1% do total.

Iván Rivas afirma que isto é produto dun goberno que se adica a anular proxectos con dotación económica e acordo para a súa execución como a Casa de Carvalho Calero no canto de buscar alternativas para resolver os problemas de tramitación.

O BNG lembra que á vista dos datos reflectidos neste informe despréndese que o goberno local de Ferrol non ten á previsión de desenvolver novos investimentos posto que a liña de préstamo concertado para financiar os investimentos recollidos no orzamento municipal vixente se atopa a 0€, con o cal non ten financiamento para os mesmos. Asi mesmo a débeda viva do Concello se sitúa en 5,25 millóns de euros, un 7% dos ingresos correntes, unha cantidade moi por baixo dos límites aos que pode acceder o goberno municipal.

Iván Rivas indicou, á vista dos dados do informe, que a xestión económica do goberno de Angel Mato só amosa prioridade no cobro das multas aos veciños e veciñas de Ferrol que se sitúa no 1º trimestre do ano nun 30% de execución das previsións anuais, recadando xa 680.000€ dos 2,24 millóns previstos para o 2022.

BNG lamenta que Ferrol só executara 0 1% dos investimentos.