ferrol
Novas
IMG-20210405-WA0002

Ferrol a grande esquecida da reunión Ábalos-Feixoó

Tras a reunión mantida entre o presidente da Xunta e o ministro de Transportes queda patente o absoluto abandono ao que tanto Xunta como Estado someten a esta cidade e en concreto en materia de infraestruturas. Unhas infraestruturas ferroviarias que manteñen illada a cidade e a comarca do resto de Galiza tanto no tráfico de mercadorías como de pasaxeiros e pasaxeiras.
Ler novas
Novas
Encontro repartidoras Look Eats

O BNG reúnese coas repatidoras das aplicacións de comida a domicilio

Iván Rivas, comprometeuse con estes traballadores e traballadoras a solicitar ao goberno local que os reciba xa que non se comprende a negativa do goberno local a manter un encontro con este colectivo que segue agardando por unha explicación por parte do alacalde e dos responsabeis municipais, tanto polas sancións impostas como polas medidas que se adoptarán para evitar estas situacións no futuro.
Ler novas
Novas
BNG. Betanzos-Infesta 5 abril

Iván Rivas: É o momento de exixir investimentos na liña ferroviaria Ferrol- A Coruña para a súa modernización.

O noso portavoz municipal, Iván Rivas, estivo esta mañá na estación de ferrocarril de Betanzos-Infesta na compaña de Amelia Sánchez (voceira en Betanzos) e Francisco Jorqera (portavoz na Coruña) para arroupar ao deputado no Congreso, Néstor Rego, quen lle presentou aos medios unha iniciativa para que o Estado construa dunha vez o bypass en Betanzos que reduza por volta de 20 minutos a viaxe entre Ferrol e A Coruña.

Ler novas
Novas
Ivan Rivas

O BNG aposta pola construcción naval civil e a incorporación de persoal para impulsar a actividade en Navantia

O proceso de reactivación do principal sector produtivo da cidade ten que pasar por tres piares fundamentais: a adopción dunha dirección política e empresarial que non condicione futuro dos estaleiros as directrices do Mº de Defensa, un segundo aspecto que ten que ver coa necesidade de dotar de carga de traballo no ámbito da construción civil e por último coa necesidade de contar coas infraestruturas e o persoal necesario para poder desenvolver toda esta actividade.
Ler novas
Novas

O BNG acusa ao goberno local de esquecerse de Carvalho Calero

Coincidindo coa comemoración do aniversario do pasamento do profesor ferrolán, o BNG acusa ao goberno municipal de ter esquecido todos os compromisos públicos para con el e a súa obra e prolongar a marxinación e silencio ao que foi sometido incluso no ano no que se honraba a súa figura.
Ler novas