O BNG reúnese coas repatidoras das aplicacións de comida a domicilio

Encontro repartidoras Look Eats
Encontro repartidoras Look Eats
Iván Rivas, comprometeuse con estes traballadores e traballadoras a solicitar ao goberno local que os reciba xa que non se comprende a negativa do goberno local a manter un encontro con este colectivo que segue agardando por unha explicación por parte do alacalde e dos responsabeis municipais, tanto polas sancións impostas como polas medidas que se adoptarán para evitar estas situacións no futuro.
O BNG reúnese coas repatidoras das aplicacións de comida a domicilio

O BNG REÚNESE COAS REPARTIDORAS DE LOOK EATS PARA ABORDAR A SÚA SITUACIÓN

Ferrol 10 de abril de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, mantivo un encontro con representantes do colectivo de repartidores e repartidoras a domicilio da aplicación Looks Eats e outras que prestan servizo na cidade para tratar a problemática actual deste colectivo e abordar con elas medidas que lles permitan desenvolver a súa actividade en condicións normais.

Iván Rivas, voceiro do BNG, dixo non comprender a actuación do goberno municipal, que axudou a impulsar esta aplicación de servizo a domicilio presentouna como unha medida de apoio à hostalería da cidade e pola contra se adica a poñerlles trabas e sancións as traballadoras deste servizo.

Como se lembrará as traballadoras de reparto a domicilio veñen denunciando que están a ser sancionados repetidamente por parte do concello de Ferrol canbdo realizan o seu traballo ao ter que parar nas proximidades dos locais de hostalería para recoller os pedidos ou perto doa domicilios para entregalos.

Iván Rivas considera que existen moitas posibilidades para que estas traballadoras poidan desenvolver a súa actividade na cidade e que para iso é preciso que exista vontade política para resolver esta cuestión, que por parte do goberno local se adopten medidas concretas consensuadas entre a corporación municipal e o colectivo de repartidoras.