O BNG e a A V.V. de Ferrol Vello demandan o mantemento da parada de Curuxeiras

Iván Rivas e Mª José Peniza
Iván Rivas e Mª José Peniza
O BNG e a A V.V. de Ferrol Vello demandan o mantemento da parada de Curuxeiras

Ferrol 25 de febreiro de 2025. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, xunto a María José Peniza, presidenta da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, presentaron esta mañá a moción que se debatirá no vindeiro pleno municipal na que propoñen ao goberno local que habilite o espazo necesario para o estacionamento dos autobuses, á reposición da marquesina e á sinalización da parada do Porto de Curuxeiras incluída nas liñas de transporte público e que permita aos usuarios e usuarias acceder a este servizo cando menos nos termos da actual concesión.

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, considera que esta situación se produce pola improvisación coa que se desenvolveu a urbanización desta zona que non tivo en conta a realidade do Transporte público. As administracións implicadas, goberno local, Autoridade Portuaria e a Xunta, crearon un problema sen saber que vai pasar con esa parada e que solución se lle da aos veciños.

Lembrou que non é a primeira vez que se intenta eliminar a parada do porto igual que non é a primeira vez que a veciñanza de Ferrol Vello ten que esixir o mantemento da mesma e agora ademais esixir que se manteña nunhas condicións dignas, sen ter que estar a intemperie e sen provocar riscos para a circulación de automóbiles e de peóns na zona.

Maria José Peniza, presidenta da A.V.V de Ferrol Vello, indicou que a veciñanza do barrio quere queremos un compromiso público por parte do concello de que se manterá a parada de autobuses no muelle e nunhas condicións dignas. Afirmou que no barrio levan tempo preocupados porque tanto o concello como a Autoridade Portuaria véñenlles dando largas e a impresión que teñen é que queren suprimir esta parada. E avisou que desde que os autobuses paran na curva da Cortina este é un sitio que está perigoso tanto para os coches como para a xente maior que vive no barrio, que xa tiveron algún susto e que iso non pode quedar aí.

Como se lembrará a reforma da dársena de curuxeiras, impulsada polo Partido Popular a través da Xunta, Autoridade Portuaria e Concello dentro do denominado proxecto de “Abrir Ferrol ao Mar” non tivo en conta aos usuarios do transporte público eliminado a única marquesina existente no porto e o lugar onde estacionaban os buses para agardar a súa hora de saída. Condenando agora aos usuarios a agradar na beirarrúa nas portas da Cortina, aos buses a ter que agardar ocupando grande parte do carril de circulación e aos coches a ocupar o carril contrario cando isto ocorre.

Iván Rivas, portavoz do BNG, defendeu a necesidade de darlle unha solución urxente e o mantemento de todas as paradas recollidas na concesión de transporte público na zona tanto a do porto de curuxeiras como a da praza Vella.

O BNG e a A V.V. de Ferrol Vello demandan o mantemento da parada de Curuxeiras

Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >