O BNG advirte que a nova Ordenanza de Tráfico é conservadora,reaccionaria e que vai máis alá da organización do tráfico.

20210222_123710
Iván Rivas
A Ordenanza de Tráfico de Ferrol que promove o goberno local é unha proposta conservadora e reaccionaria que vai máis alá da organización do tráfico na cidade.
O BNG advirte que a nova Ordenanza de Tráfico é conservadora,reaccionaria e que vai máis alá da organización do tráfico.

Ferrol 5 de marzo de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, valorou esta mañá o texto da nova Ordenanza de Tráfico presentada polo gobrno local à cal considera que se trata dun texto de inspiración Orweliana polo extremo control que o goberno local pretende facer da poboación, ademáis de ser unha ordenanza conservadora e que vai máis alá da organización do tráfico na cidade.

Iván Rivas sinala que esta ordenanza agocha a intención de exercer un control extremo da ponboacion, o goberno local pretende convertirse noso “Gran irmán” con esta ordenaza que se enmarca na deriva reaccionaria que o partido Socialista está a adoptar cada vez de maneira máis intensa, como se demostra no seu posicionamento de desmobilizar a asistencia que terán lugar o dia 8 de marzo. Esta proposta de ordenanza excede, con moito, a regulación do tráfico da cidade xa que pretende controlar o uso e a xestión do espazo público, unha das consecuencias que xa adiantabamos hai tempo que poderia traer a crise sanitaria da covid.

O BNG salienta que esta ordenanza recolle explicitamente que non se pode correr nin saltar na rúa, que non se poden xuntar grupos de persoas e pararse no espazo público por unha posibel molestia á circulación, que non se pode agardar o bus fóra das paradas habilitadas para facelo, que non se pode ir en bicicleta polas zonas peonís ou que os nenos e nenas tampouco poderán ir sós na súa bicicleta senon van acopañados dun adulto.

A aplicación desta ordenanza vai supor que, por exemplo, en espazos como a praza de Amboaxe os nenos e nenas non poderán andar en bicicleta como leva acontecendo dunha maneira normal, cotiá e espontanea durante tanto tempo sen que isto supuxese ningun tipo de problema para a seguridade viaria do concello de Ferrol.

Do mesmo modo os habituais e cada vez máis deportistas amateur ou profesionais que empregan espazos públicos como o paseo da Malata para correr ou desenvolver actividades deportivas, como andar en patíns, tampouco o poderán facer nin polo espazo limitado à circulación peonil nin polo espazo limitado à circulación de bicicletas que será de uso exclusivo para elas.

Para o BNG estes exemplos demostran que esta é unha ordenanza reaccionaria que ademais ten unha compoñente conservadora como é o feito de que para poder solicitar a tarxeta de estacionamento provisional para aquelas persoas con mobilidade reducida, namentras tramitan a definitiva que lles permita moverse con certa normalidade ou, cando menos, con moitas menos dificultades, hai que facelo en base à xustificacion dunha enfermidade ou patoloxia extremadamente grave e ten que ser por razóns de caracter humanitarias.Criterios como estes demostran a pouca sensibilidade por parte deste goberno local se ten con respecto a estas persoas sobre todo se temos en conta que están a tardar moitos meses en conquerir as tarxetas de estacionamento definitivas.

O BNG insiste no seu caráter conervador porque os vehículos oficiais do Estado, das comunidades autonomas, dos concellos e mesmo do Ministerio de Defensa non estarán vinculados a súa aplicación para o estaciionamento nas ruas do concello e se lles reservarán cantidades iportantes de prazas a estes vehículos.

O BNG critica tamén que a pernocta no ámbito do espazo público do concello das autocaravanas, nesta ordenanza se permite que esto poida acontecer durante unha noite na mesma rua e no mesmo lugar e duas noites seguidas en dous epazos diferentes do termo municipal en vez de que sean as zonas habilitadas para este tipo de vehículos o lugar onde poder pasar as noites.

Iván Rivas sinalou que estamos diante dunha ordenanza parcial e moi limitada en relación a todo o territorio do concello xa que na mesma non aparecen os barrios de Caranza, nin de Canido, nin de Ferrol Vello e non existe ningún tipo de cordenación con outro dos documentos básicos para esta cidade como é o plan de movilidade que acaba de ser retomado.

Para o BNG parece básico que unha ordenanza de regulación da mobilidade debería estar cordenada co plan que vai a regular esa mobilidade e foi polo que na comisión desenvolvida o pasado mércores solicitámoslle ao goberno que paralizase a tramitación dunha ordenanza destas características e que limitase os ámbitos da súa aplicación. Tamén porque permitirá que se empreguen médios dixitais, como as cámaras de vixiancia, para outros usos que non sexan de control do tráfico e da circulación no concello.

Pedímoslle que cordine esta ordenanza con outros documentos básicos e fundamentais para a cidade co obxectivo de que as rúas e o espazo público de Ferrol recuperen o seu uso a súa vitalidade a súa espontaneidade e poidamos facer no futuro desta cidade un espazo en funcion das necesidades dos veciños e das veciñas.

Ademais este documento entra en contradición cun dos obexctivos que parece que todos e todas compartimos, pero na práctica nunca se implementa, como é a peonalización do barrio da Madalena. Este obxectivo é inviable cunha ordenanza de tráfico, como esta, que volve a regular a circulación do trafico rodado neste espazo da cidade que, de novo, volve a permitir o estacionamento nas rúas deste barrio declarado Ben de Inetrese Cultural e que fai que esta cidade acumule décadas de retraso con respecto a decisións que noutros concellos e noutra vilas se teñen adoptado e lles supuxo unha mellora substancial dos seus espazos públicos e unha rexeneración urbana dun dos elementos neurálxicos das cidades como son os seus centros historicos.

Por estes motivos, entre outros, pedimoslle ao goberno local que paralice a tramitación desta ordenanza e reflexione sobre cales son os obxectivos politicos que quere acadar con ela.

 

O BNG advirte que a nova Ordenanza de Tráfico é conservadora,reaccionaria e que vai máis alá da organización do tráfico.