Ferrol a grande esquecida da reunión Ábalos-Feixoó
Tras a reunión mantida entre o presidente da Xunta e o ministro de Transportes queda patente o absoluto abandono ao que tanto Xunta como Estado someten a esta cidade e en concreto en materia de infraestruturas. Unhas infraestruturas ferroviarias que manteñen illada a cidade e a comarca do resto de Galiza tanto no tráfico de mercadorías como de pasaxeiros e pasaxeiras.
11 abr. 2021 - 21:42
Ferrol 10 de abril de 2021. Iván Rivas censurou hoxe a absoluta indiferenza mostrada tanto por parte do presidente da Xunta como polo Ministro de Transportes diante da situación de illamento da cidade en materia de infraestruturas ferroviarias.
O portavoz municipal do BNG afirmou que si a conclusión da reunión entre Ábalos e Feijoó é “a incorporación deste tema na axenda”, isto só se pode interpretar como unha tomadura de pelo.
É indignante ver ao Presidente do goberno galego comparecer en rolda de prensa co ministro de transporte sen se ruborizar e avalando a indiferenza mostrada por parte do goberno do Estado fronte a unha demanda histórica desta cidade, como é o desenvolvemento dun bypass en Betanzos, a electrificación e a dupla vía co obxecto de reducir os tempos de viaxe coa cidade da Coruña a menos dunha hora.
O BNG de Ferrol afirma que tras a reunión mantida entre o presidente da Xunta e o ministro de Transportes queda patente o absoluto abandono ao que tanto Xunta como Estado someten a esta cidade e en concreto en materia de infraestruturas. Unhas infraestruturas ferroviarias que manteñen illada a cidade e a comarca do resto de Galiza tanto no tráfico de mercadorías como de pasaxeiros e pasaxeiras.
Iván Rivas preguntouse onde quedan as boas palabras da conselleira de mobilidade e do Alcalde da cidade desta semana pasada? Onde quedan os compromisos do PP e do PSOE tras a folga xeral do 10 de marzo?
Para Iván Rivas a reunión mantida deixa tamén en evidencia ao Alcalde desta cidade e o ridículo dos estudos presentados por parte deste ao longo dos últimos meses.
Uns estudos que ademais de reiterativos demostran que propoñer alternativas que implican que se destinen 700M de euros para a renovación da conexión ferroviaria coa Coruña cando o Estado non propón nen un investimento mínimo de 20M de euros para reducir os tempos de viaxe coa cidade da Coruña, só se explica ou ben porque o Alcalde da cidade vive nunha realidade paralela ou ben porque o seu servilismo diante do goberno do Estado é tal que no canto de cuestionar a falta de dotación económica nos orzamentos para 2021 prefire avalar propostas fantasiosas como as recollidas neses estudos.