O BNG aspira a modificar os orzamentos municipais con propostas de inclusión social, rehabilitación do patrimonio e xestión pública dos servizos.
Iván Rivas indicou que as propostas nacionalistas irán en favor dos colectivos e barrios da cidade máis desfavorecidos e esquecidos. Barrios como o do inferniño que actualmente está vivindo unha situación moi problemática, persoas en risco de exclusión social como consecuencia do que levamos vivindo todos estes meses, ou propostas para ámbitos da cidade como a zona rural que deberían ser perceptoras dun esforzo económico maior produto do abandono de tantos anos atrás.