O BNG esixe a Xunta e ao Goberno local máis compromisos para mellorar as conexións ferroviarias
Ferrol 24 de marzo de 2021. Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, cualificou de mésquiñas s as afirmacións e demandas da Xunta de Galiza en referencia as conexións ferroviarias da cidade.
Iván Rivas afirmou que se a actitude do alcalde do PSOE, presentando o mesmo proxecto que en 2008, se pode considerar como hipócrita non o son menos estas demandas da Xunta de Galiza. A mesma Xunta que en 2009 asinou o famoso Pacto do Obradoiro no que participou o actual presidente Alberto N. Feixoo e o exministro Pepe Blanco e onde se aseguraba que Ferrol formaría parte do Eixo Atlántico Ferroviario en 2015.
Desde 2011 até hoxe pasaron polo menos dúas lexislaturas do PP con Mariano Rajoy de presidente do goberno durante os que o señor Feixoo gardou nun caixón o pacto asinado con Pepe Blanco e gardou un silencio cómplice diante do proceso de privatización, recortes e eliminación de servizos impulsados pola ministra Ana Pastor que en Ferrol signifcou o desmantelamento de infraestruturas ferroviarias troceando a antiga Feve e Renfe en 4 empresas independentes.
Iván Rivas lembra que durante todos estes anos a cidade de Ferrol comprobou como non se desenvolveu un só investimento na conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña, coa redución de servizos incluido e como se abandonou à súa sorte as infraestruturas da antiga Feve.
A evidencia deste comportamento cínico do PP é que pasa de pontas por unha demanda fundamental para o futuro das cercanias no país, como é a constitución dunha empresa ferroviaria galega na que o centro de decisión deixe de estar em Asturias no caso do ferrocarril de vía estreita e en Madrid no caso das infraestruturas de ferrocarril de ancho ibérico.
O BNG esixe ao PP e ao PSOE que deixen de xogar ao gato e ao rato cos intereses da cidade e actúen por unha vez de xeito honesto e en función dos intereses dos veciños e veciñas de Ferrol.