O BNG a veciñanza de San Xoán piden a reurbanización da praza de Rosalía

concentracion veciñall na praza de Rosalía
concentracion veciñall na praza de Rosalía
É urxente que o goberno local atenda atenda as necesidades da veciñanza como é a remodelación da praza de Rosalía co obxecto, por unha parte de mellorar a accesibilidade e paliar o deterioro deste espazo central do barrio e por outra poñendo en valor as referencias do noso pasado como Rosalia de Castro, e que nos permitirá construír o futuro desde o que somos como colectivo e como pobo.
O BNG a veciñanza de San Xoán piden a reurbanización da praza de Rosalía

Ferrol 24 de marzo de 2025. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, defendeu a urxente remodelación da praza de Rosalía nunha concentración celebrada esta tarde na mencionada praza convocada pola organización nacionalista e pola Asociación Veciñal do barrio de San Xoán.

Iván Rivas sinalou que a praza de Rosalía, en San Xoán, é un espazo central deste barrio e un espazo referencial da nosa cidade polo que cómpre poñela en valor e censurou que este proxecto non figure entre as prioridades do alcalde da cidade despois de que o Partido Popular decidise destinar os fondos previstos para esta obra a outros finalidades como o Incremento do crédito de festas.

Rivas asegurou que costa moito traballo e esforzo que os gobernos locais asuman con compromisos económicos específicos as demandas da veciñanza e resulta inaceptable que o PP decidise unilateralmente reorientar os ondos asociada a obras como a remodelación da Praza de Rosalía sen propoñer unha solución alternativa.

Avanzou que o vindeiro xoves solicitarán no pleno á modificación do orzamento municipal co obxecto de incorporar o crédito suficiente para a execución das obras asociadas á remodelación da Praza de Rosalía de Castro durante o ano 2025 en función do importe recollido no presuposto base de licitación recollido no proxecto de urbanización.

Así mesmo o inicio do expediente de contratación asociado á execución das obras descritas no proxecto de remodelación da Praza de Rosalía de Castro no prazo de 3 meses.

Rivas asegura que é urxente que o goberno local atenda atenda as necesidades da veciñanza como é a remodelación da praza de Rosalía co obxecto, por unha parte de mellorar a accesibilidade e paliar o deterioro deste espazo central do barrio e por outra poñendo en valor as referencias do noso pasado como Rosalia de Castro, e que nos permitirá construír o futuro desde o que somos como colectivo e como pobo.

O BNG a veciñanza de San Xoán piden a reurbanización da praza de Rosalía