O BNG acusa ao goberno local de esquecerse de Carvalho Calero

Iván Rivas e María do Mar López ao pé da casa de Carvalho Calero
Coincidindo coa comemoración do aniversario do pasamento do profesor ferrolán, o BNG acusa ao goberno municipal de ter esquecido todos os compromisos públicos para con el e a súa obra e prolongar a marxinación e silencio ao que foi sometido incluso no ano no que se honraba a súa figura.
O BNG acusa ao goberno local de esquecerse de Carvalho Calero

Ferrol 24 de marzo de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, considera falaz a actitude do goberno local a respecto da figura de carvalho Calero. A mentira ten as patas moi cortas e a un día de celebración do aniversario do pasamento de Carvalho Calero demóstrase que as declaracións feitas a finais do ano pasado nas que o alcalde da cidade afirmaba que daría continuidade aos actos de celebración do ano Carvalho calero ao longo deste 2021 non son máis que declaracións falsas co obxecto de sair do paso diante da negativa da Real Academia Galega a prolongar o día das letras 2020 durante este ano 2021.

 

Coincidindo coa comemoración no día de mañá do aniversario do pasamento do profesor ferrolán, o BNG acusa ao goberno municipal de ter esquecido todos os compromisos públicos para con el e a súa obra e prolongar a marxinación e silencio ao que foi sometido incluso no ano no que se honraba a súa figura.

 

Iván Rivas sinala que esta actitude deixa as claras a pouca intención que ten o actual goberno de poñer de relevo a verdadeira dimensión do autor ferrolán tanto desde o punto de vista político como lingüístico no que avoga polo reitegracionismo e darlle continuidade aos actos de homenaxe que non se puideron celebrar por mor da crise sanitaria da Covid.

 

O BNG quere lembrarlle ao Alcalde da cidade que o tras un ano 2020 case en branco o 2021 vai polo mesmo camiño e corre o serio risco de que todas as accións que tiña previsto implementar o goberno municipal durante o actual ano van ficar en retóricos pronunciamentos formais ou un simples recordo floral.

 

O BNG quer lembrar que o Concello de ferrol segue sen impulsar e convocar o premio literario que leva o nome de Carvalho Calero tal e como lle esixiu por unanimidade o pleno municipal en setembro do ano pasado a petición do BNG e que leva sen convocarse desde o ano 2016.

 

Así mesmo o BNG considera que o goberno municipal debe acometer o proxecto de recuperación da que foi casa natal de Carvalho Calero co obxectivo de que sirva como espazo de referencia da súa figura e da cultura galega na nosa cidade.

O BNG acusa ao goberno local de esquecerse de Carvalho Calero