O BNG defende o dereito do feminismo galego a mobilizarse en Ferrol o día 8 de marzo
Ferrol 4 de marzo de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censurou os intentos de criminalizar as mobilizacións feministas convocadas para o vindeiro 8 de marzo e aquelas voces que cuestionan a súa celebración e defende o dereito fundamental a mobilizarse do feminismo galego, como tamén farán na nosa cidade.
María do Mar López, concelleira do BNG en Ferrol, considera acaídas as concentracións que se van dar na nosa cidade e comarca, unhas manifestacións que están sendo dura e inxustamente criticadas. A razón que se esgrime é a de estar en pandemia. Máis todas as semanas, día sí e día tamén dende hai bastantes meses, vense diferentes concentracións de todo tipo, que están permitidas pola administración pertinente e nas que se manteñen perfectamente as medidas sociosaniatarias pertienentes: máscaras e distancia social. Máis as manifestacións que se van dar o 8M levan todo o peso da crítica.
Maria do Mar lópez afirmou que é inxusto e inxustificado estes ataques que pretenden responsabilizar e inculpar ao feminismo. Acaso as mulleres soas cando se xuntan non poñen a máscara? non saben manter a distancia social? Estas concentracións só molestan porque son “as de mulleres”, porque é a do 8M. Non escoito decir nada respeito as concentracións que van ocorrer na nosa comarca o próximo día 10, só dous días despois da virulenta 8M.
O BNG considera que nesta xornada cómpre reivindicar moitos aspectos das mulleres que xeralmente quedan relegados, a máis básica a dos coidados, tema que xa foi base o ano anterior máis que este ven con máis forza aínda pola actualidade e porque vese o necesario que son os coidados . Así é, que o premio do 8M no concello de Ferrol recae no Servicio de Axuda no Fogar, pero aínda os coidados quedanlles moitas pedriñas que superar no seu camiño. Como que na nosa comarca o persoal da empresa DomusVi estexa a loitar contra a precariedade laboral e denuncien a nefasta xestión da empresa. Este é un exemplo dos moitos que hai na nosa comarca que a Covid-19 agravou unha situación xa de por si mala: temos o colectivo do SAF, o colectivo de limpadoras, o colectivo das caixeiras, etc... Colectivos que se ben non son todas mulleres, sí hai unha porcentaxe alta de mulleres traballando neles. Colectivos que por riba son esenciais. E aínda que se podan concentrar para defender os seus dereitos calquer día, facelo o 8M non deberían por estarmos en pandemia, pero que non se preocupen que o 9M se o fan ninguén lles vai criticar.
O feminismo galego leva meses preparando estas mobilizacións con seguridade, deslocalizando grandes eventos a espazos máis reducidos. Ata o de agora esas mulleres estiveron en primeira liña loitando contra a Covid. Coa situación actual faise máis necesario que nunca a xornadas de reivindicacións das mulleres. Non se pode culpabilizar as mulleres por defender os seus dereitos