bng
Novas
IMG_20201026_151230

O BNG presenta unha moción de apoio aos traballadores de parques e xardíns e pide a remunicipalización do servizo

O BNG considera preciso reverter a dinámica implantada ao longo dos últimos anos consistente en contratar externamente servizos municipais que se poderían prestar directamente por persoal municipal e que ademais se demostra que, externalizar os servizos, cada vez nos está a custar máis diñeiro e está a supoñer unha precarización dos mesmos tal e como acontece co mantemento de zonas verdes, co lixo ou tantos outros.
Ler novas
Novas
Grupo municial BNG

O BNG pídelle explicacións a Mato pola intención de pagar as facturas de ACUAES

O BNG pídelle explicacións ao alcalde da cidade pola intención deste de levar a pleno o pago de dúas facturas a ACUAES que suman un importe de 162.000€, o que supón unha clara contradicción coas propias palabras do rexedor de hai menos dun mes nas que afirmaba que non existía ningún documento que “avalara que Ferrol deba pagar o 70 % dos custes de mantemento das instalacións de saneamento” e que por tanto non ía pagar as facturas de ACUAES.
Ler novas
Novas

O BNG defende a rexeneración da ría xunto as confrarias

O BNG considera fundamental que a Xunta desenvolva o estudo que posibilite acometer a limpeza dos fondos da ría, eliminar as barreiras artificiais existentes que impiden a súa rexeneración e que o Estado transforme o sistema de saneamento a unha rede separativa
Ler novas