O BNG presenta unha moción de apoio aos traballadores de parques e xardíns e pide a remunicipalización do servizo

IMG_20201026_151230
IMG_20201026_151230
O BNG considera preciso reverter a dinámica implantada ao longo dos últimos anos consistente en contratar externamente servizos municipais que se poderían prestar directamente por persoal municipal e que ademais se demostra que, externalizar os servizos, cada vez nos está a custar máis diñeiro e está a supoñer unha precarización dos mesmos tal e como acontece co mantemento de zonas verdes, co lixo ou tantos outros.
O BNG presenta unha moción de apoio aos traballadores de parques e xardíns e pide a remunicipalización do servizo

Ferrol 26 de outubro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de rexistrar unha moción que será debatida no pleno de fin de mes na que piden o poio da corporación municipal às reivindicacións do cadro de persoal da empresa que se encarga do servizo de mantemento de parques e xardíns e avoga por desenvolver o proceso de remunicipalización deste servizo.

 

O BNG presentou esta iniciativa, logo de escoitar as demandas dos traballadores e traballadoras desta empresa que na actualidade presta servizo ao concello de Ferrol sen contrato e na súa iniciativa insta ao Goberno Municipal a demandar da empresa que actualmente presta o servizo de mantemento de parques e xardíns a asinar un novo acordo laboral cos traballadores que recolla as demandas e melloras pactadas entre os traballadores e a empresa. Tamén a mellora das deficientes condicións nas que se atopan as instalacións nas que se teñen que cambiar ou do material que empregan para

desenvolver a súa actividade.

 

O BNG sinala que os impedimentos que lles pon a empresa para actualizar os acordos laborais e económicos co cadro de persoal baseanse nunha negativa do goberno municipal polo estado no que se atopa a relación contractual co concello e as previsións dun novo prego de condicións que servirá de base para unha nova contratación deste servizo. Estamos a falar do impedimento para actualizar a cantidade económica que perciben en concepto do plus de perigosidade ao que poden acceder estes traballadores, unha revisión salarial das súas nóminas, a creación dunha bolsa de emprego ou as gratificacións por permanencia no caso de querer abandonar à empresa.

 

O BNG considera preciso, asi mesmo, reverter a dinámica implantada ao longo dos últimos anos consistente en contratar externamente servizos municipais que se poderían prestar directamente por persoal municipal e que ademais se demostra que cada vez nos están a custarmáis diñeiro e está a supoñer unha precarización destes servizos tal e como acontece co mantemento de zonas verdes, co lixo ou tantos outros.

 

Por este motivo desde o BNG propon que se garantan unhas condicións laborais dignas para os traballadores e a prestación deste servizo municipal sen intermediarios xa que a xestión directa do mesmo redundará na mellor prestación deste servizo e que na actualidade carece de contrato.

O BNG presenta unha moción de apoio aos traballadores de parques e xardíns e pide a remunicipalización do servizo