O BNG censura que o goberno local pague as facturas que lle reclama ACUAES
O BNG pídelle explicacións ao alcalde da cidade pola intención deste de levar a pleno o pago de dúas facturas a ACUAES que suman un importe de 162.000€, o que supón unha clara contradicción coas propias palabras do rexedor de hai menos dun mes nas que afirmaba que non existía ningún documento que “avalara que Ferrol deba pagar o 70 % dos custes de mantemento das instalacións de saneamento” e que por tanto non ía pagar as facturas de ACUAES.
25 out. 2020 - 16:58
Ferrol 24 de outubro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego acusa ao alcalde da cidade, Angel Mato, de estar totalmente sometido aos intereses da empresa ACUAES por aceptar pagar as cantidades esixidas pola empresa dependente do Ministerio de Fomento do ano 2019 correspondentes á construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol que xa pagamos na taxa de depuración e que cobra EMAFESA.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, pídelle explicacións ao alcalde da cidade pola intención deste de levar a pleno o pago de dúas facturas a ACUAES que suman un importe de 162.000€, o que supón unha clara contradicción coas propias palabras do rexedor de hai menos dun mes nas que afirmaba que non existía ningún documento que “avalara que Ferrol deba pagar o 70 % dos custes de mantemento das instalacións de saneamento” e que por tanto non ía pagar as facturas de ACUAES.
Iván Rivas acusou a Angel Mato de montar un circo a conta das supostas discrepancias co concello de Narón e con ACUAES en relación ao reparto de custes, coa contratación de informes co único obxectivo de distraer a atención sobre as súas verdadeiras intencións que non son outras que pagar até o último euro que lle pide o goberno do estado a través da empresa Acuaes.
O BNG reitéralle ao goberno municipal de Ferrol que as facturas que emite ACUAES non se poden pagar porque non existe contrato nin acordo plenario que as avale e se ao mesmo tempo que se pretende facer este abono o Alcalde afirma que non se está dacordo co reparto de porcentaxes do 70-30 demostrase que o comportamento do goberno é de trilero.
En concreto estas dúas facturasque pretende levar ao pleno deste fin de mes non se poden pagar porque non se pode pagar dúas veces polo mesmo concepto, tal e como se desprende das indicacións da intervención municipal no Informe anual de control interno do ano 2019 e que literalmente recolle: “Dar instrucciones ACUAES para que las facturas del ejercicio 2019 y sucesivos se giren a EMAFESA, a la vista de que tanto el estudio de costes como la realidad demuestran que el coste del servicio (incluido el coste de ACUAES) se financia suficientemente con las tarifas abonadas por los vecinos de Ferrol y la cuota de Narón. En este sentido, se recomienda aprobar la devolución de las tres facturas de 2019 giradas por ACUAES al Ayuntamiento de Ferrol”
É decir, os conceptos polos importes que reclama ACUAES xa están incluídos no recibo de depuración e EMAFESA cóbraos cada mes a través da taxa de depuración. E o goberno municipal no canto de indicarlle a ACUAES que se dirixa a EMAFESA pretende que os veciños e veciñas de Ferrol paguemos dúas veces polo mesmo.
O BNG leva denunciado desde o ano 2012 o abusivo dun convenio no que o estado non pon un euro nunha obra declarada de interese xeral en 1997. No que pasamos de pagar o 10%, no 2012 ao 13% na primeira modificación de 2014 e ao 25% na modificación pendente de aprobar. Onde a Xunta pon unha cantidade fixa e os fondos europeos financiaban o gasto acometido até decembro de 2015 nun 80% e onde o resto se cubre co esforzo dos ferroláns, incluso os atrasos acumulados na execución da obra desde decembro de 2015 até marzo de 2017 e que a UE non financia.
Para o BNG este convenio tería que ser declarado nulo, e debe declararse nulo, xa que a modificación recollida na 2ª addenda non ten acordo plenario que o sustente nin se fiscalizou pola intervención municipal pese a supoñer unha modificación substancial dos conceptos e sobre os importes recollidos nesta modificación sobre os que ACUAES fai a súa reclamación.