O BNG defende a rexeneración da ría xunto as confrarias
Ferrol 9 de outubro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acompañou esta mañá ao colectivo de mariscadores e mariscadoras das confrarías da nosa ría na concentración que desenvolveron diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza.
Para o BNG a situación actual é produto de anos de abandono por parte do Estado que acometeu recheos indiscriminados e creou barreiras artificiais con total impunidade sen ter en conta as consecuencias, que desenvolveu un sistema de saneamento tarde, custosísimo e absurdo misturando augas de chuvia e fecais, bombeando máis de 45 metros os resíduos e no que non puxo un eurona súa construcción. Contou, ademais, coa complicidade da Xunta de Galiza que avalou estes recheos e este modelo de saneamento e que agora se nega a desenvolver un estudo integral que sirva de punto de partida para acometer os traballos de rexeneración da ría.
Hoxe aínda hai zonas da cidade que seguen vertendo à ría sen depurar. O sistema e a infraestrutura de saneamento é insostible económica e mdioambientalmente por non separar augas residuais e pluviais e por ter que bombear máis 45 metros as augas. Así mesmo é notorio que existe un problema adicional que son os recheos existentes na ría como o peirao carboeiro, a ponte do ferrocarril, o viaducto ferroviario da Malata, a ponte da pías etc, barreiras que deberían iniciar a estudar como acometer a súa eliminación xa que os efectos provocados pola acción conxunta de verquidos e barreiras sobre a circulación de auga do mar, provocaron a degradación da case totalidade dos bancos marisqueiros da ría, e a perda e desaparición de algunhas partes destes, caso significativo é o banco das Pías.
Por todos estes motivos para o BNG é fundamental que a Xunta desenvolva o estudo que posibilite acometer a limpeza dos fondos da ría, eliminar as barreiras artificiais existentes que impiden a súa rexeneración e que o Estado transforme o sistema de saneamento a unha rede separativa.