O BNG pide ao goberno local que rectiique e permita a ocupación dos novos postos aos operadores do mercado de Caranza

índice
índice
O Goberno local debería recoñecer, tras comprobar a documentación, que a solución à problemática do mercado de Caranza pasa por permitir xa que se ocupen as novas instalacións polos actuais actuais operadores de maneira imediata.
O BNG pide ao goberno local que rectiique e permita a ocupación dos novos postos aos operadores do mercado de Caranza

Ferrol 14 de outubro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou, un mércores máis, na concentración convocada polos operadores e operadoras do mercado de Caranza e esixe ao goberno municipal que rectifique a súa postura e permita ocupar os novos postos aos operadores de xeito imediato respectando os seus dereitos.

 

Para o BNG coa documentación que obra no noso poder relativa ao recoñecemento da titularidade e dereitos de explotación mediante documentos oficiais dos anos 2016 e 2017, asinados polos técnicos municipais e que están plenamente vixentes, o goberno local debería desbotar a súa idea de abrir un concurso público para adxudicar os novos postos, asumir o criterio de cumprimento da legalidade e conceder os novos postos aos operadores.

 

Facelo doutro xeito sería pasar por riba dos dereitos outorgados polo propio concello a estas persoas mediante documentos avalados por funcionarios municipais nos que se outorgan postos específicos no mercado e concesións don datas concretas até o ano 2023. A documentación pon en cuestión e contradí o argumento do goberno local cando afirma que as concesións están rematadas e cumpre desenvolver un concurso público.

 

O Goberno local debería recoñecer, tras comprobar a documentación, que a solución à problemática do mercado de Caranza pasa por permitir xa que se ocupen as novas instalacións polos actuais actuais operadores de maneira imediata e se quedara algún posto vacante que se adxudicaran do mesmo xeito que se procede cos mercados da Madalena e Recimil

O BNG pide ao goberno local que rectiique e permita a ocupación dos novos postos aos operadores do mercado de Caranza