O BNG quere que o pleno reclame a Defensa unha compensación económica á cidade

Ivan Rivas
Ivan Rivas
O BNG considera necesario que se afronte dunha vez o problema estrutural de ingresos que padece Ferrol produto da ocupación por parte do Ministerio de Defensa de máis do 20% do solo urbano do concello.
O BNG quere que o pleno reclame a Defensa unha compensación económica á cidade

Ferrol 27 de outubro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol rexistrou unha moción que será debatida no pleno do vindeiro xoves que busca forzar ao goberno central á inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado dunha partida económica en concepto de compensación á cidade de Ferrol pola ocupación de terreos de Defensa.

 

O BNG, tamén, aproveitará esta iniciativa para demandar do goberno municipal a elaboración dun informe económico actualizado que cuantifique a cantidade que deixa de percibir, en concepto de IBI e outros tributos o concello de Ferrol pola totalidade das propiedades do Ministerio de Defensa na nosa cidade e como esto afecta aos ingresos municipais e polo tanto à capacidade económica do concello e lembran que o útimo informe existente sobre esta afectación data de outubro de 2002 e cuantificaba en máis dun millón de euros o que Ferrol deixaba de percibir, concretamente, 11263.525,69 €

 

O BNG presenta esta moción condicionado pola última sentenza do Tribunal Supremo relativa ao pago do IBI por parte de Navantia ao noso concello e por considerar necesario que se afronte dunha vez o problema estrutural de ingresos produto da ocupación por parte do Ministerio de Defensa de máis do 20% do solo urbano do concello desde unha perspectiva política e non xudicial.

 

Para o BNG o problema de fondo está no marco legal gravemente perxudicial para os intereses da cidade. Un marco legal de hai 40 anos e que exime ao Estado de pagar os tributos que deberían aboar ao concello por ocupar unha importante cantidade de solo na cidade. É por iso que pide que o pleno inste ao Goberno do estado á modificación da Lei de Facendas locais co obxecto de suprimir a exención de tributos ao Ministerio de Defensa por ser lesiva aos intereses da nosa cidade.

O BNG quere que o pleno reclame a Defensa unha compensación económica á cidade