O BNG pídelle ao goberno local que rexeite o Plan de Transporte Metropolitano

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG
Para o BNG é absurdo que si o concello de Ferrol quere mellorar o seu servizo deba pedirlle permiso à Xunta, como tamén o é que a Xunta non aporte un só euro para desenvolver as modificacións que poidan mellorar o servizo prestado aos veciños e veciñas de Ferrol.
O BNG pídelle ao goberno local que rexeite o Plan de Transporte Metropolitano

Ferrol 20 de outubro de 2020. Iván Rivas, portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pedirá mañá, no transcurso da Comisión informativa de Urbanismo, ao goberno local que rexeite o Plan de Transporte Metropolitano, que se somete a súa aprobación en dita reunión, en tanto non se melloren substancialmente as súas condicións e nomeadamente as que afectan directamente a nosa cidade.

 

Este plan recolle a posibilidade de incrementar a frecuencia de servizos pero estas melloras deber ser aprobadas pola Xunta e pagadas polo Concello. Para o BNG é absurdo que si o concello de Ferrol quere mellorar o seu servizo deba pedirlle permiso à Xunta, como tamén o é que a Xunta non aporte un só euro para desenvolver estas modificacións que poidan mellorar o servizo prestado aos veciños e veciñas de Ferrol. Polo tanto debe eliminarse a condición de que a Xunta ten que avalar o incremento de servizos na cidade e debería estabelecerse unha porcentaxe de aportación económica da Xunta ao Concello por este concepto.

 

O BNG considera, así mesmo, que o concello non debe asumir a xestión nin o mantemento de infraestruturas como son as marquesiñas e postes de paradas dun servizo que presta a Xunta e contrata a Xunta. Sobre todo porque o estado actual das marquesinas e paradas precisa da súa renovación e non do seu mantemento. A Xunta debe aportar esta infraestrutura como facia no anterior Plan. Indicar que no anterior Plan a Xunta si que destinaba fondos, concretamente 300.000€, para a instalación de paradas e marquesiñas novas que nesta nova proposta desaparecen.

 

A Xunta de Galiza, ademáis, non pon un so euro para a xestión do transporte nas liñas exclusivas do concello de Ferrol. As liñas que discorren polo ámbito territorial da nosa cidade pagámolas integramente os veciños e veciñas de Ferrol pero é a Xunta a que decide o número de servizos e os seus percorridos. Para o BNG Ferrol o concello debe ter a capacidade, xa que as paga, para poder modificar as liñas urbanas no seu territorio como considere.

 

E xa que para as liñas que transitan polo ámbito territorial de Ferrol que abona Ferrol ao 100% será a Xunta quen reciba as subvencións estatais relativas á xestión do transporte público, debería descontarse da aportación municipal de Ferrol a cantidade que percibiría como beneficiario das axudas estatais ao transporte que lle corresponde e que na actualidade recibe a Xunta. Hai que lembrar que o anterior convenio recollía unha bonificación mínima de 150.000€ ao ano por este concepto que neste convenio desaparece.

 

Así mesmo o reparto das porcentaxes de voto na comisión de seguimento do Plan dalle o control total á Xunta que se reserva o 50% dos votos e isto dalle dereito de veto á Xunta de Galiza na xestión dun servizo municipal.

 

Estas son modificacións do plan de Transporte Metropolitano que a Xunta decidiu renovar despois de licitar unilateralmente os contratos de transporte de pasaxeiros, por un período de 10 anos nos que entre outras cuestións se mistura transporte discrecional con transporte escolar ou se contemplou unha redución de servizos.

 

Asi mesmo consideramos que se debería manter no actual Plan o concepto para bonificar o transporte marítimo e implementar este tipo de transporte hoxe desaparecido na cidade.

O BNG pídelle ao goberno local que rexeite o Plan de Transporte Metropolitano