O BNG acusa ao goberno local de negarse a abordar o problema de fondo do saneamento
Ferrol 22 de outubro de 2020.O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante das declaracións feitas esta mañá polo Alcalde considera que Angel Mato está a eximir de responsabilidade, coas súas omisións, tanto ao Ministerio de Fomento como a Xunta, responsábeis principais dun sistema de saneamento inasumible para a cidade.
O BNG censura que por parte do goberno municipal non se queira abordar o problema de fondo do saneamneto e se limite a discuitr a porcentaxe que debe pagar sen poñer en entredito o modelo, nin a forma de xestión e indicalle que a mellor maneira de deixar de pagar o 100% polos custos de saneamento é devolverlle a EDAR ao seu propietario Augas de Galiza.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que o convenio con ACUAES debe retificarse desde tres perspectivas. A primeira, a que ten que ver co computo das porcentaxes de consumo, nas que Ferrol está moi lonxe de supoñer o 70% destas.
A segunda , e que ignora o Alcalde da cidade, é que desde o Mº Fomento se pretende que os ferroláns e as ferrolás pasen a pagar o 25% dunhas obras que cando se asinou o convenio se limitaba ao 10% e que debería asumir integramnete o Estado por tratarse dunha obra declarada de interese xeral en 1997.
Esto acontece por responsabilidade exclusiva de ACUES que rematou as obras en 2017, cando o seu compromiso era ter todo rematado en decembro de 2015, e produto deste retraso perdeu parte da financiación da UE, algo que o goberno local obvia.
E a terceira, ten que ver con que o modelo de saneamento escollido incumpre todo o marco legal que existe ao redor dos sistemas de depuración, misturando augas pluviais e fecais e que supón uns custes medioambientais e económicos que o actual Alcalde tamén ignora.
Para o BNG compre reclamar ao Ministerio de Fomento o firme compromiso económico para transformar a actual infraestrutura en separativa dado que foi exclusivamente o Estado o responsable da súa construcción, pero que pretende que paguemos todos e todas as ferrolás.
Por outra parte hai que lembrar que ACUAES non ten ningún contrato para xestionar os interceptores e os tanques de tempestades e por tanto os importes a aboar deberían ser valorados por este concello previamnete a facer efectivo o seu pago, tanto os derivados da construción das obras como os derivados da súa xestión.
Do mesmo modo a mellor maneira de resolver o conflicto con Narón é entregar a depuradora ao seu lexítimo propietario, Augas de Galicia, deixando de pagar o 100% da depuración. Deste modo Augas de Galicia emitirá unha factura a cada concello de maneira independente. A partir de ahí o concello de Ferrol decidirá aboar ou revisar esa factura pero cando menos pero deixaremos de pagar o 100% dos custes como acontece desde 2014.
Hai que lembrar que ademais de asumir o 100% dos custes de depuración , en base a este convenio eximimos do pago dos tributos correspondentes por esta infraestrutura ao seu propietario, Augas de Galicia e ao seu xestor, EMAFESA, e os veciños e veciñas pagan o custe da reparación dunha EDAR defectuosa que non podía funcionar cando se nos entregou.
O convenio con Augas de Galicia é anual, e por tanto compre que o goberno local deixe sen efecto este convenio o antes posible para evitar ter que seguir asumindo uns custes que non nos corresponden.