Novas
María do Mar López

As festas de Ferrol: un modelo cultural acomplexado e obsoleto

María López, concelleira do BNG, considera que as festas de Ferrol deberían servir ademais para facer de escaparate da nosa cultura, da expresión artística e da creatividade dos galegos e das galegas e a programación presentada polo goberno municipal do PSOE obedece a un modelo de xestión en materia cultural acomplexado e obsoleto.
Ler novas
Iván Rivas e María López

O BNG pide a Mato que aproveite as súas reunións co goberno central para exixir unha solución para a cidade

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, esixe ao Alcalde desta cidade que actue como tal e se preocupe máis por esixirlle ao estado a diversificación do ámbito de actuación dos estaleiros da ría para extendelo à construción naval civil que por seguir manténdonos circusncritos en exclusiva ás directrices do Ministerio de defensa e ao monocultivo da construción naval militar.
Ler novas
O novo valado xa comezou a instalarse.

O BNG contrario ao novo valado perimetral do cuartel de Dolores

Iván Rivas portavoz municipal do BNG, salientou que se trata dun proxecto que se sitúa no camiño contrario ao que deberiamos ir nesta cidade. O ámbito máis urbano do concello de Ferrol precisa abrirse ao mar, desde un punto de vista visual, pero tamén desde un punto de vista de conexión e acceso a todos eses espazos que se sitúan detrás dos muros do Ministerio de defensa.
Ler novas