O BNG pide a convocatoria do Consello Escolar Municipal de Ferrol para dar resposta aos recortes no ensino público

María do Mar López
María do Mar López
María do Mar López, concelleira do BNG, indicou que ás portas do novo curso escolar 2022-2023 a nosa cidade tamén está a sofrer os grandes recortes que a Xunta de Galiza fai en educación,
O BNG pide a convocatoria do Consello Escolar Municipal de Ferrol para dar resposta aos recortes no ensino público

Ferrol 6 de setembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu esta mañá ao goberno local que convoque de maneira urxente o Consello Escolar Municipal para avaliar a situación dos centros educativos e o inicio do curso escolar na nosa cidade, avaliar os recortes que a Consellería de Educación aplicou nos centros da nosa cidade e dar unha resposta satisfactoria as demandas da comunidade escolar en Ferrol.

 

María do Mar López, concelleira do BNG, indicou que ás portas do novo curso escolar 2022-2023 a nosa cidade tamén está a sofrer os grandes recortes que a Xunta de Galiza fai en educación, Este curso, indicou, comeza con menos profesorado e recursos para os centros locais o que está a contribuir a un serio deterioro na educación pública en Ferrol coas conseguintes repercusións que isto conleva nas crianzas da nosa cidade.

 

María López, concelleira nacionalista, afirmou que temos coñecemento da supresión dunha liña educativa en infantil no CEIP Cruceiro de Canido, así como tamén varios centros segan a compartir especialistas por non prever dotalos de máis profesorado.

 

Para o BNG a eliminación de liñas educativas, sobre todo nas unidades de infantil, provoca que as crianzas pasen case todo o día cunha única docente o que provoca que moitas veces o alumnado máis cativo teña que ficar só na aula fronte algún imprevisto.

 

María do Mar López, censurou que o goberno municipal permaneza impasíbel, sen abrir a boca e chegando tarde aos problemas que estes recortes causan no sistema educativo da cidade. Así mesmo, lembra que ás portas do inicio de curso o goberno local aínda non foi quen de informar sobre cando e como é que van a comezar as actividades extraescolares que dependen directamente do concello.

 

O BNG pide a convocatoria do Consello Escolar Municipal de Ferrol para dar resposta aos recortes no ensino público