O BNG advirte que o entreguismo de Mato ao PP leva á cidade á parálise.

Iván Rivas
Iván Rivas
Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinalou que a solución a esta débeda histórica cos veciños e veciñas de Ferrol pasa por desvincular da execución do saneamento da zona rural á empresa EMAFESA, e resulta significativo que nin PP nin PSOE queren oír falar desta alternativa mentres dan voltas e voltas ao redor do problema para non chegar a ningunha conclusión.
O BNG advirte que o entreguismo de Mato ao PP leva á cidade á parálise.
Ferrol 3 de setembro de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, pediu hoxe ao bipartidismo armónico do PP e PSOE que deixen de enredar respecto do problema do saneamento na zona rural da cidade.e advertiu que o entreguismo do Alcalde ao PP está levando á cidade á parálise.


Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinalou que a solución a esta débeda histórica cos veciños e veciñas de Ferrol pasa por desvincular da execución do saneamento da zona rural á empresa EMAFESA, e resulta significativo que nin PP nin PSOE queren oír falar desta alternativa mentres dan voltas e voltas ao redor do problema para non chegar a ningunha conclusión.


Por estas razóns exixiu ao PP e ao PSOE que antepoñan as necesidades da veciñanza aos da empressa EMAFESA e demandou do goberno local que desvincule a execución do saneamento na zona rural da empressa EMAFESA tal e como lle propuxo o BNG.


O BNG lembra que desde o ano 2014 a empresa EMAFESA leva cobrando a taxa de depuración en virtude dun suposto acordo que implicaría a execución do saneamento da zona rural nun período de 6 anos que remataría no ano 2020. Pasado o ecuador do ano 2022 a empresa non ten destinado un só euro dos seus ingresos a este fin.


Para o BNG, agora PP e PSOE pretenden facer borrón e conta nova e planifican os investimentos da zona rural desde o ano 2023 até 2029 con novas achegas municipais e sen exixir á empresa a devolución do recadado durante todos estes anos para este fin.


Por estes motivos, e dado que o imos pagar os ferroláns, o BNG pídelle ao goberno local que desvincule a execución do saneamento da zona rural da empresa EMAFESA, asegurándonos a súa execución independentemente da xestión dunha empresa que ten suscitado tantas dúbidas ao longo destes anos. Ademais o goberno local debería iniciar a reclamación a EMAFESA dos importes recadados para a execución do saneamento ao longo destes oito anos e que non foron destinados a este fin.
O BNG advirte que o entreguismo de Mato ao PP leva á cidade á parálise.