Para o BNG o proxecto de reparcelación do Sánchez Aguilera aséntase en prácticas especulativas propias da burbulla inmobiliaría.

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG
Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, acusou ao alcalde da cidade de deslealdade cos intereses de Ferrol ao tramitar este documento a sabendas de que a súa aprobación non conleva implícitamente a aprobación do convenio co Ministerio de Defensa polo que o goberno do Estado obterá unha edificabilidade na cidade, produto dun plan especial especulativo,
Para o BNG o proxecto de reparcelación do Sánchez Aguilera aséntase en prácticas especulativas propias da burbulla inmobiliaría.

Ferrol 13 de setembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera imprudente a aprobación por parte do goberno municipal de Angel Mato do proxecto de equidistribución do Sánchez Aguilera e advirte que a súa aprobación supón retrotraer à cidade as prácticas especulativas da burbulla inmobiliaria.

 

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, acusou ao alcalde da cidade de deslealdade cos intereses de Ferrol ao tramitar este documento a sabendas de que a súa aprobación non conleva implícitamente a aprobación do convenio co Ministerio de Defensa polo que o goberno do Estado obterá unha edificabilidade na cidade, produto dun plan especial especulativo, sen estar obrigada a entregar ao concello os terreos que figuran no convenio. O Gobreno local permitelle ao Ministerio de Defensa pagar en vez de ceder as propiedades que lle fixa a lei, ao mesmo tempo que non lle exixe que efectivice ese pago.

 

O BNG sinala que Defensa leva, nestes 20 anos, gañado edificabilidade na cidade ao abeiro do convenio con Defensa sen entregar nada a cambio. Preténdese facer agora co Sánchez Aguilera o mesmo que se fixo coa modificación do plan xeral no “Cuarteliño de Mariñeiría” onde o Ministerio pode levantar pisos cando queira e non cedeu nada a cidade a cambio.

 

Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, sinalou que o goberno local pretende entregar de maneira integra o apoveitamento lucrativo do plan urbanístco do Sánchez Aguilera (460 vivendas e 24.500 mde aproveitamento comercial) ao Ministerio de Defensa, contravindo o criterio xeral tanto da normativa estatal como da lexislación galega que obriga a que nos novos desenvolvementos urbanos unha porcentaxe das novas edificacións se entregue de modo obrigatorio ás administracións públicas co obxecto de poder desenvolver unha política de vivenda pública en función das necesidades do concello e das persoas demandantes de vivenda.

 

O goberno local recorre a unha excepción da lei do Solo modificada pola porta de atrás en 2020, a través da lei de orzamentos pola Xunta de Galiza, que permite substituir por diñeiro a entrega do 10% do aproveitamento lucrativo. Unha posibilidade que até o ano 2020 a Lei do Solo de Galiza prohibía de maneira expresa para o solo urbano e que require do consentimento da administración local. Unha práctica habitual durante os tempos da burbulla inmobiliaria e que en 2022 o goberno local de Ferrol pretende recuperar.

 

Os importes, segundo o propio proxecto de reparcelación elaborado polo concello, aos que o Ministerio debería facer fronte ascenden a 2.587.579,10 €: importe que o goberno local tampouco pretende reclamar pese a aprobar incialmente o proxecto de reparcelación.

 

Porque non contentos con recuperar prácticas especulativas que lembran tempos pasados onde os promotores pagaban por quedarse coa edificabilidade que lle correspondía á administración, o Alcalde desta cidade pretende eximir do pago destes importes a Defensa ao vincular a que se efectúe e o modo en que debe efectuarse este pago á aprobación do convenio con Defensa.

 

É dicir, o goberno local decidiu aprobar o proxecto de reparcelación do Sánchez Aguilera outorgándolle ao Ministerio a edificabilidade integra dos usos residenciais e comerciais, sen exixirlle a Defensa o pago ao que debería facer fronte por non entregar o correspondente aproveitamento ao concello.

Para o BNG o proxecto de reparcelación do Sánchez Aguilera aséntase en prácticas especulativas propias da burbulla inmobiliaría.