Novas
Castelos da ría

O BNG pide explicacións polo retraso na constitución do ente xestor da candidatura a Patrimonio Mundial.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera que despois de vinte anos de que esta iniciativa botara a andar non é de recibo que as administracións implicadas nesta iniciativa e na súa xestión celebren reunións só de cara a galería e nas que non se toma ningún acordo concreto non se da conta de cales son os atrancos para que a proposta se efectivice.
Ler novas
Iván Rivas

O BNG considera necesario rectificar a xestión económica do concello de Ferrol

Iván Rivas, portavos nacionalista no concello de Ferrol, sinala que a experiencia acumulada nos últimos anos, onde a privatización de servizos públicos tivo como consecuencia o empeoramento do servizos e a precarización das condicións laborais, deixa claro que a alternativa debe pasar pola xestión pública destes para poder mellorar o servizo e xerar emprego.
Ler novas
maria do mar

O BNG censura o menosprezo do goberno local para coa lingua galega

María do Mar López, concelleira do BNG, lamentou esta actitude e censurou que nos actos protocolarios deste concello, como o acto do pasado domingo coa entrega da medalla de prata á escritora Julia Uceda, os representantes do goberno local negaronse a empregar a lingua galega nas súas intervencións.
Ler novas
Ivan Rivas

O BNG advirte das taxacións obsoletas das propiedades do convenio con Defensa

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, afirmou que o entreguismo de Angel Mato ao Ministerio de Defensa lévao a tramitar un documento no que a nosa cidade sae perdendo. Vai sendo hora de que na nosa cidade os gobernos locais empecen a traballar na defensa dos intereses dos veciños e veciñas e non da administración central, esixindo a reversión gratuita de terreos e propiedades abandonadas durante décadas.
Ler novas
Grupo municial BNG

Para o BNG o proxecto de reparcelación do Sánchez Aguilera aséntase en prácticas especulativas propias da burbulla inmobiliaría.

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, acusou ao alcalde da cidade de deslealdade cos intereses de Ferrol ao tramitar este documento a sabendas de que a súa aprobación non conleva implícitamente a aprobación do convenio co Ministerio de Defensa polo que o goberno do Estado obterá unha edificabilidade na cidade, produto dun plan especial especulativo,
Ler novas
Manifestación por un transporte digno en Ferrol.

O BNG chama a reaxir contra a discriminación de Ferrol no transporte público.

O BNG advirte que o traxecto Ferrol-A Coruña por estrada ficou excluido das rebaixas que a empresa Monbus decidiu aplicar complementando às axudas que aplican as administracións públicas obrigando aos usuarios e usuarias da nosa cidade a pagar máis por este traxecto en comparación con outras viaxes de máis longo percorrido. Asi pois viaxar de Ferrol a Coruña por estrada custará 2,30€, fronte aos 0,37€ que custaría viaxar de Ferrol a Santiago ou os 0,70€ de Ferrol a Vigo.
Ler novas
Iván Rivas

O BNG advirte que o entreguismo de Mato ao PP leva á cidade á parálise.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinalou que a solución a esta débeda histórica cos veciños e veciñas de Ferrol pasa por desvincular da execución do saneamento da zona rural á empresa EMAFESA, e resulta significativo que nin PP nin PSOE queren oír falar desta alternativa mentres dan voltas e voltas ao redor do problema para non chegar a ningunha conclusión.
Ler novas