O BNG pide aproveitar "Ferrol Invisible" para poñer, realmente, en valor o patrimonio da cidade
24/nov./2021
O portavoz nacionalista, esixiu ao goberno municipal que abandone a política de apariencias e actos propagandísticos con respecto ao patrimonio da cidade e se poña a traballar na recuperación definitiva sobre o que ten competencias directas e esixa o mesmo para as administracións públicas que teñan propiedades na nosa cidade en estado de abandono total.