O BNG esixe unha actitude diferente das administracións para resolver os problemas do transporte público

IMG-20211215-WA0004
concentración da Plataforma en Defensa do Tansporte Público
O BNG participou hoxe na mobilización convocada pola Plataforma en Defensa do Transporte Publico da cidade de Ferrol, composta por diversos colectivos que están a ver como o transporte publico cada vez está en peores condicións de desenvolvemento e se atopa nunha situacion de precariedade absoluta.
O BNG esixe unha actitude diferente das administracións para resolver os problemas do transporte público

Ferrol 15 de decembro de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, afirmou esta tarde que Ferrol precisa dunha actitude diferente por parte das administracións implicadas na xestión do transporte público nesta comarca.

 

O BNG participou hoxe na mobilización convocada pola Plataforma en Defensa do Transporte Publico da cidade de Ferrol, composta por diversos colectivos que están a ver como o transporte publico cada vez está en peores condicións de desenvolvemento e se atopa nunha situacion de precariedade absoluta.

 

Iván Rivas, portavoz nacionalista, indicou que resulta evidente que esta cidade precisa dunha actitude diferente por parte das administracións publicas competentes e coa capacidade de poder rsolver este problema. A comezar pola administración municipal para que deixe de mirar para outro lado diante da situación do transporte metroploitano cuxa única alternativa que ten é a xestión drecta por parte do concello. A seguir por parte da Xunta de Galiza que debería evitar seguir concesionando a xestión do tranporte público, en concreto a conexión coa cidade da Coruña, en función exclusiva dos intereses económicos das empresas concesionarias que os prestan.

 

Rivas considera que a Xunta de Galiza debería comezar a atender as demandas dos usuarios e usuarias , que levan todo o ano reclamando un transporte porestrada axil e efectivo coa cidade da coruña.

 

Iván Rivas, por último, fixo referencia a absoluta indolencia da administración estatal que leva aillando a esta comarca ao longo dos últimos anos através dunhas conexións ferroviarias obsoletas. Neste apartado contamos cun goberno municipal que no canto de reivindicar a execución inmediata da mellora das redes ferroviarias para permitir unha conexión axil co resto do país adicase a desenvolver estudos demagóxicos que non teñen máis fin que seguir dandolle voltas a un problema cuxa solución pasa por investimentos concretos e específicos nos orzamentos do Estado, que permitan renovar esas conexións ferroviarias , reducir os tempos de viaxe e incrementar as frecuencias de saida e chagada a cidade de Ferrol

O BNG esixe unha actitude diferente das administracións para resolver os problemas do transporte público