Novas
Ivan Rivas

O BNG pide a Mato que convoque o pleno coas mocións de novembro

Iván Rivas, portavoz nacionalista, exixiu a Angel Mato que deixe de agocharse e convoque esta sesión plenaria na que ademais do servizo de transporte ao centro de día do fogar infantil tense que abordar,tamén, a proposta do BNG para a ampliación da praza Sánchez Aguilera e aumentar ás zonas verdes da nosa cidade.
Ler novas
ferrol vello

O BNG esixe a reapertura do consultorio de Ferrol Vello

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que é preciso defender a reapertura deste consultorio pois supón aposta por un servizo sanitario de proximidade que redunda na mellora asistencial dos veciños e veciñas. E avanzou o apoio do BNG ás mobilizacións convocadas polos veciños e veciñas do barrio para o vindeiro día 31 de xaneiro.

Ler novas
campaña comercio 21 (13)

O BNG presenta en Ferrol a campaña animando a mercar no comercio local

Iván Rivas, portavoz nacionalista, lembrou que máis alá da iniciativa individual de mercar no comercio local, o sector comercial na nosa cidade leva moitos anos precisando que se tomen iniciativas, desde a administración local, que posibiliten o seu desenvolvemento. Unha situación a crise da covid non fixo máis que agravar.
Ler novas