O BNG chama a participar na mobilización da plataforma “EÓLICA ,ASÍ NON” en Ferrol

manifestación plataforma eólica así non.
manifestación de plataforma "Eólica, así non"
O BNG reitera a necesidade de que o goberno local se posicione en contra dos proxectos de parques eólicos previstos na nosa cidade e negue a autorización para a utilización para este fin dos terreos de propiedade municipal nos montes de Brión.
O BNG chama a participar na mobilización da plataforma “EÓLICA ,ASÍ NON” en Ferrol

Ferrol 10 de decembro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol apoia e fai unha chamada a secundar a mobilización que mañá sábado, 11 de decembro, terá lugar na nosa cidade convocada pola plataforma “Eólica, así non” e que sairá às 11 horas da estación de ferrocarril e rematará na praza de Armas.

O BNG reitera a necesidade de que o goberno local se posicione en contra dos proxectos de parques eólicos previstos na nosa cidade e negue a autorización para a utilización para este fin dos terreos de propiedade municipal nos montes de Brión.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, instou ao PP e ao PSOE a rectificar a súa postura e posicionarse a favor da proposta presentada polo BNG co obxecto de denegar a autorización para o proxecto localizado en terreos municipais e exixir á Xunta a paralización das propostas para a nosa cidade.

Neste sentido sinalou que o problema non é a enerxía eólica senón o xeito no que se están a realizar estes proxectos, de maneira masiva, non planificada e a grande escala afectando a zonas de grande valor ecolóxico, medioambiental e patrimonial.

O BNG chama a participar na mobilización da plataforma “EÓLICA ,ASÍ NON” en Ferrol