ferrol
Novas
DSC_0006 (1)

Promoven un manifesto para que a casa de Carvalho Calero teña usos culturais.

A Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Sociedade Cultural Medulio, o Ateneo Ferrolán, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, a Fundaçom Artábria e o BNG presentaron publicamente un manifesto co fin de solicitar ao goberno local que conte co tecido asociativo da cidade à hora de definir os usos da casa natal de Carvalho Calero sen perder a perspectiva de que este proxecto de rehabilitación ten que ter como elemento vertebrador os usos de tipo culturais.
Ler novas
Novas
20210222_123710

O BNG propón ao pleno rexeitar os parques eólicos previstos en Ferrol

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que é preciso que os grupos políticos de Ferrol amosemos o noso posicionamento contrario a estes macro proxectos impulsados por grandes compañías ás que se lles está a regalar o espazo público e a paisaxe natural a cambio de irrisorias compensacións para as propietarias e os Concellos.
Ler novas
Novas
maria do mar

O BNG censura ao goberno local pola marxinacion do galego no congreso “Ferrol Destino Patrimonio Mundial”

Maria do Mar lópez, concelleira do BNG, quixo lembrar à responsábel de patrimonio que a nosa lingua tamén é un ben patrimonial e que é obriga do goberno municipal promovelo, potencialo e empregalo por ser a lingua oficial do concello de Ferrol tal e como recolle a Ordenanza de Normalización Lingüística. Non se entende a responsabel deste simposio optara por non utilizar a nosa lingua no acto inaugural, o que demostra a pouca sensibilidade que ten para coa lingua galega.
Ler novas
Novas
Grupo municial BNG

O BNG apresenta as súas propostas a revisión do Pacto pola Mobilidade

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que o pacto pola mobilidade subscrito no ano 2018 contemplaba uns principios, obxectivos e estándares que respondían a uns criterios de mínimos e que contemplaba a elaboración dun Plan de Accións prioritarias no marco deste Pacto. Tres anos despois semella que o obxectivo debe pasar por desenvolver as medidas e principios alí recollidos máis que redefinir o pacto subscrito en 2018 baixo un prisma que rebaixa aqueles acordos.

Ler novas
Novas
Néstor Rego e Iván Rivas

O BNG pregunta a Defensa pola instalación de parques eólicos en terreos da súa propiedade en Ferrol

Iván Rivas indicou que a solicitude deste parque eólico, o máis grande dos previstos na nosa cidade, que se sitúa nos montes de Mougá, Doniños e a Bailadora, afecta a terreos de propiedade pública, neste caso do Ministerio de Defensa, polo que cómpre coñecer se o Ministerio de Defensa ten algún acordo cos promotores deste parque eólico e se ten previsto autorizar a ocupación dos seus terreos.
Ler novas
Novas
Ivan Rivas

O BNG alerta sobre a proliferación de parques eólicos en Ferrol

Iván Rivas destaca que estamos a falar de aeroxeneradores dunhas dimensións salientables, que superarán os 200 m. de altura, e que se pretenden situar próximos á rede Natura e ao logo de todo o litoral atlántico do noso concello desde a zona superior de San Filipe até o límite con Narón sobre a praia de Ponzos.
Ler novas
Novas
IMG-20210405-WA0002

Ferrol a grande esquecida da reunión Ábalos-Feixoó

Tras a reunión mantida entre o presidente da Xunta e o ministro de Transportes queda patente o absoluto abandono ao que tanto Xunta como Estado someten a esta cidade e en concreto en materia de infraestruturas. Unhas infraestruturas ferroviarias que manteñen illada a cidade e a comarca do resto de Galiza tanto no tráfico de mercadorías como de pasaxeiros e pasaxeiras.
Ler novas