Promoven un manifesto para que a casa de Carvalho Calero teña usos culturais.
Ferrol 3 de maio de 2021. Esta mañá as entidades: Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, Sociedade Cultural Medulio, Ateneo Ferrolán, Asociación Veciñal de Ferrol Vello, Fundaçom Artábria e o BNG presentaron publicamente un manifesto co fin de solicitar ao goberno local que conte co tecido asociativo da cidade à hora de definir os usos da casa natal de Carvalho Calero sen perder a perspectiva de que este proxecto de rehabilitación ten que ter como elemento vertebrador os usos de tipo culturais.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, compareceu xunto a representantes destas entidades e sinalou que diante da proposta feita polo goberno local para a rehabilitación da casa de Carvalho Calero, desde o BNG, tiñamos clara que a maneira e o obxectivo que se perseguía con ese proxecto non era o que se levaba anos reivindicando por numerosos colectivos desta cidade. Desde esa perspectiva consideramos que hai 3 aspectos que son fundamentais:
O primeiro pasa porque o vector condutor para ese proxecto de rehabilitación ten que ser usos de tipo cultural e dentro deses usos, de tipo cultural, existen diferentes alternativas.
En segundo lugar que as alternativas existentes teñen que ser discutidas e debatidas con todos aqueles colectivos e entidades que durante tantos e tantos anos levan reivindicando a figura deste intelectual que cómpre dar a coñecer aos veciños e veciñas desta cidade polas implicacións que ten polas súas aportacións a lingua a historia e a cultura galega.
E a terceira cuestión é que temos que esixirlle ao goberno local que este proxecto de rehabilitación da casa de Carvalho Calero, con esta orientación, ten que desenvolverse de maneira inmediata. Ten que contar cunha dotación económica nos próximos orzamentos municipais e ten que ser un compromiso firme da actual corporación municipal.
Para amosar estes obxectivos e acadar estas reivindicacións, as entidades asinantes, desenvolvemos este manifesto no que expoñemos estas reivindicacións que hoxe queriamos facer públicas e que ademais está aberto a que calquera asociación , colectivo ou persoa a título individual se poida adherir a este manifesto que pretende, fundamentalmente, a recuperación e rehabilitación da casa de Carvalho Calero destinada exclusivamente a usos de carácter cultural, a súa execución de maneira inmediata e que esa rehabilitación se faga de maneira participada cos colectivos que levan reivindicando a este intelectual durante tantos anos.
Antonio Casal
Antonio Casal, secretario da asociación Ferrolterra Antiga, destacou que o importante deste manifesto é abrir o debate e definir un plan de usos que fagan o proxecto viábel, para revitalizar o barrio e dignificar a memoria de Carvalho Calero.
Casal agradeceu ao BNG que tivera convocado a estes colectivos e se interesase por coñecer a sua opinión a respecto do anteproxecto promovido polo goberno local de Ferrol. Así mesmo considera que o proxecto para a casa de Carvalho Calero e o conxunto de vivendas debería ser consultado cos veciños e veciñas do barrio e coas entidades que levan anos traballando e reivindicado a memoria de Carvalho Calero.
Diante deste anteproxecto considera que a casa debe ser adicada a fins culturais e usos nesa liña e debe servir para que os veciños e veciñas do barrio teñan un espazo de referencia de usos culturais. Unha idea compatible coa coherencia de que este proxecto debe estar adicado á figura de Carvalho Calero. O anteproxecto municipal cae na vanalización da súa figura e considera que nese sentido hai que respectar a memoria da sua figura e dos veciños e veciñas de Ferrol destacandoa como un sitio adicado a figura de Carvalho.
Sinalou que o Concello deberia convocar as entidades co fin de abrir o debate sobre os seus usos máis realistas e máis beneficiosos para o conxunto da veciñanza que os que aperecen na proposta inicial..