O BNG censura a decisión do goberno local de volver a privatizar a oficina do catastro
Ferrol 13 de abril de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lamentou que o goberno local decidira volver a privatizar a oficina do catastro na cidade. Tras pasar mais de medio ano sen servizo o goberno local decidiu volver ao modelo de xestión anterior a través da prestación deste por unha empresa privada.
O BNG considera que o que precisa esta cidade é avanzar no proceso de remunicipalización de servizos co obxecto de melloralos e criar emprego na cidade. A oficina do catastro súmase a outras oportunidades perdidas como o Servizo de Axuda no Fogar ou o mantemento de viais, servizos que o que teñen é fundamentalmente un custe laboral e polo tanto unicamente consiste en desenvolver os trámites administrativos para prestar directamente un servizo que por ser de prestación obrigatoria escapa das restricións da Lei de estabilidade Orzamentaria.
O BNG lamenta que de novo o goberno local renuncie a oportunidade de xestionar directamente un servizo municipal directamente como é a oficina do catastro.