O BNG presenta unha candidatura de persoas orgullosas da súa cidade e convencidas de que Ferrol merece máis

candidatura do BNG de Ferrol
candidatura do BNG de Ferrol
A candidatura do BNG agrupa a un colectivo de homes e mulleres que participan activamente na vida social da nosa cidade, en moitos casos enfrontándose con valentía na resolución dos grandes conflitos que vive Ferrol.
O BNG presenta unha candidatura de persoas orgullosas da súa cidade e convencidas de que Ferrol merece máis

Ferrol, 12 de abril, 2023. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol fixo público esta mañá a candidatura completa coa que concorrerá aos vindeiros comicios municipais de maio. Unha candidatura de persoas orgullosas da súa cidade coñecedoras do potencial, dos recursos e da capacidade de Ferrol para avanzar e que están dispostas a rachar coa resignación convencidas de que Ferrol merece máis.

O segundo tramo da candidatura do BNG agrupa a un colectivo de homes e mulleres que participan activamente na vida social da nosa cidade, en moitos casos enfrontándose con valentía na resolución dos grandes conflitos que vive a nosa cidade na loita por mellorar as condicións laborais da nosa cidade, como é o caso de Beatriz Fernández, membro da executiva comarcal da CIG e delegada sindical en Domus VI, pola recuperación e dignificación da nosa cultura, como o caso de Pepe Cunha, director do programa radiofónico Ábrete de Orellas e autor da biografia musical de Guadi Galego, ou polas condicións nas que milleiros de nenos e nenas desta cidade teñen que desenvolver a súa actividade deportiva, como é o caso de Jorge Jimenez, adestrador do club natación Ferrol.

Veciñas tamén, como Raquel Vilariño, traballadora da sanidade que representa á mocidade que quere ter un futuro na nosa cidade. Igual que Laura Maroto, unha autónoma que rexenta un posto no Mercado da Madalena, nunha clara aposta pola defensa do comercio local. Representantes do movemento veciñal como Monica Brá, da entidade veciñal de Brión, Maria Xose Pita ou Isabel Riveiro da asociación de Recimil ou o tesoureiro da A.V.V de Santa Mariña Jose Ramón López, veciños e veciñas que cada día poñen de relevo as grandes necesidades que padecen as veciñas e veciños de Ferrol.

Xunto a eles, expoñentes do rico tecido cultural e da nosa capacidade de expresión propia, como Bruno Lopes, membro da Fundaçom Artábria, Xoan Padín, músico, reivindicando as nosas grandes potencialidades. Representantes dos mestres e mestras comprometidos cun ensino público e plural como Andrea Martíns ou o profesor da UDC Alexandre P. Traballadoras do CAMF como Rita Lázare, sempre reivindicando melloras neste centro que contribúan a facer máis fácil a vida das súas usuarias, traballadores do SERGAS como Francisco Vilariño e como non, persoas que forman parte do principal tecido produtivo da cidade como Carlos Outeiro membro do comité de Navantia.e pecha a candidatura o Deputado Món Fernández.

O BNG sinala que esta candidatura ten unha significativa presenza de persoas independentes o que evidencia cada vez hai máis sectores sociais que identifican co noso proxecto de cidade e que ven no BNG a mellor ferramenta para que Ferrol desenvolva toda as súas potencialidades.

A candidatura completa do BNG é a que segue:

1. Iván Rivas Rico, candidato a Alcalde

2. María do Mar López González, profesora, actualmente é concelleira

3.- Roberto Montero Castrillón, Responsábel Local do BNG en Ferrol. Electricista, delegado sindical na Industria auxiliar.

4. Pilar Lozano Yañez, Diplomada en Relacións Laborais, responsábel de administración

5.- Mercedes Tobío Rodríguez, Graduada Social. Responsábel Comarcal do BNG.

6.- Raquel Vilariño Carballo Traballadora da Sanidade, membro de Galiza Nova

7. Pepe Cunha González, Crítico Musical

8. Beatriz Fernández González, membro da executiva comarcal da CIG, Delegada sindical nas residencias Domus Vi

9. Bruno Lopez Teixeiro. Deseñador Gráfico, participa na Funfaçom Artábria

10. Laura Maroto Lourido Autónoma, rexenta un negocio no Mercado da Madalena.

11. Xan Carlos López Pereira Axente Comercial

12. Monica Bra García. membro da A.V.V. de Brión

13. Carlos Outeiro Baamonde. Traballador de Navantia, membro do Comité de Empresa

14. Rita Lázare Fouce.Traballadora do CAMF

15. Francisco Vilariño. Traballador do Sergas

16. Andrea Martíns Fernández. Profesora, Membro de CIG Ensino

17. Jorge Jimenez Pérez. Adestrador Deportivo; Traballa no Club Natación Ferrol

18. Cristina Díaz Fernández. Traballadora do Audiovisual

19. Xoán Padín Hermida. Profesor e Músico

20. Maria Xosé Pita Rodríguez. Membro da A.V.V. de Recimil

21. Alexandre Segura Río. Estudante

22. Ana Vérez Gómez. Administrativa

23. Alexandre. Historiador profesor na UDC

24. Isabel Riveiro García. Membro da A.V.V. de Recimil

25. Ramón Fernández Alfonzo. Deputado do BNG

 

Supletes

S1. Diego Fernandez Balseiro. Estudante

 

S2. Josefa Bra Fernandez, Membro da A.V.V. de Brión

S3. Jose Ramon López Carreira, Membro da A.V.V. de Santa Mariña

S4. Luisa Sánchez Meizoso, Bióloga

S5. Antón Muñiz Tenreiro, Presidente da Delegación Local de ADEGA

O BNG presenta unha candidatura de persoas orgullosas da súa cidade e convencidas de que Ferrol merece máis