IVÁN RIVAS: “O BNG É O FUTURO DE FERROL”.
O BNG presenta o primeiro tramo da súa candidatura en Ferrol.
Ferrol 3 de marzo de 2023. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou esta mañá as 5 primeiras perosas que encabezarán a súa candidatura cara as eleccións municipais do 28 de maio. O BNG presentou un grupo de persoas coñecedoras da cidade e con experiencia cunha importante presenza de mulleres.
Ivan Rivas, candidato a alcaldía de Ferrol, resaltou que o BNG presenta un grupo de persoas que teñen experiencia, que coñecen a institución, que queren decidir o futuro desta cidade se presentan para gobernala.
Iván Rivas, dixo que o BNG quere tomar as rendas do futuro de Ferrol e presenta unha candidatura con persoas capaces de construir o Ferrol do futuro, unha construción colectiva porque o futuro de Ferrol é o Bloque Nacionalista Galego e o pasado son tres exalcaldes que xa tiveron a súa oportunidade. O futuro pasa polo BNG, afirmou Rivas.
Ivan Rivas salientou que para o BNG o futuro é unha cidade sustentabel onde o Sánchez Aguilera se trasnforma no maior pulmon verde da cidade fronte ao pasado que é a especulación urbanística que promove 460 vivendas. O Ferrol do futuro é apostar polo comercio local fronte o pasado que é un centro comercial de 24.000m2.
O Ferrol do futuro se construe con servizos publicos municipais para a xestión do auga e do lixo fronte ao pasado que é privatiza. O Ferrol do futuro recupera o seu patrimonio arquitectónico tanto no rural como no urbano fronte ao do pasado que fai visitas guiadas a ruinas. O Ferrol do futuro recupera as rúas para a xente e garante o dereito a mobilidade cunha empresa de transporte público municipal ao servizo da veciñanza.No Ferrol do futuro non hai privilexios e Navanta e a Autoridade Portuaria pagan os seus impostos.
As persoas que van nos 5 primeiros postos da candidatura do BNG son:
Iván Rivas Rico. Candidato á Alcaldía de Ferrol
2.- María do Mar López González. Concelleira, licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, profesora. Canido
3.- Roberto Montero Castrillón; Responsábel Local do BNG en Ferrol. Electricista, delegado sindical na Industria auxiliar. Ultramar.
4.- Pilar Lozano Yañez. Diplomada en Relacións Laborais, responsábel de administración. Natural de Mandiá. Barrio da Madalena.
5.- Mercedes Tobío Rodríguez. Graduada Social. Responsábel Comarcal do BNG. Caranza