O BNG propón ao pleno reprobar à Xunta e ao goberno Central pola situación actual da comarca

folga xeral
folga xeral

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, indicou que compre exixir ao Estado e á Xunta que adopten medidas inmediatas que rompan coa deriva actual e sirvan de punto de inflexión de cara o futuro. e lembrou que a situación da cidade e da comarca é produto do maltrato permanente do Estado e da indiferenza da Xunta.

O BNG propón ao pleno reprobar à Xunta e ao goberno Central pola situación actual da comarca

Ferrol 26 abril de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha iniciativa ao pleno municipal en relación coa grave situación socio-económica da comarca. Na mesma, o BNG pide que o pleno de Ferrol reprobe ao goberno da Xunta e ao goberno Central pola situación actual da nosa cidade e da nosa comarca, pola falla de compromisos, de medidas de reactivación económica e pola negativa a atender às demandas formuladas na folga xeral do pasado 10 de marzo. Asi mesmo empraza a convocar no concello aos Presidentes ou coselleiras ou ministras en quen deleguen co fin de manter un encontro cos grupos desta corporación para dar conta da situación da cidade e das medidas que teñen previsto implementar .para a reactivación económica de Ferrolterra.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, indicou que a situación da cidade e da comarca é produto do maltrato permanente do Estado e da indiferenza da Xunta.

Do mesmo xeito asegurou que a sensación de frustración que existe na cidade é a causa da complicidade que diante deste maltrato amosan os colaboradores internos na cidade do PP e do PSOE que xustifican o comportamento dos seus partidos desde Madrid e desde San Caetano.

 

Rivas sinalou que o baleiro e o silencio que seguiu às xornadas de mobilizacións do 10 de marzo e 14 de abril é a mostra máis evidente do desleixo do PSOE e do PP para esta comarca. Unha Comarca que segue agardando a que por parte dos responsábeis directos dos gobernos do Estado e da Xunta se tome algunha medida e se aporte algunha solución.

 

Para o BNG é inaceptable que, despois de manter illada á cidade do resto do país mediante unhas infraestruturas ferroviarias de hai 100 anos, o presidente da Xunta e o ministro de transportes non comprometan un só euro para a súa renovación na reunión que mantiveron hai 3 semanas mentres que diante ddisto o Alcalde da cidade garda silencio e nos presenta un estudo fantasioso de 700 millóns de euros.

 

É inaceptable que mentres Navantia reduciu o seu plantel en máis de 1200 traballadores durante o ano 2019 PSOE e o PP da cidade garden silencio diante deste proceso de reestruturación e desmantelamento do principal sector produtivo da cidade.

 

É inaceptable que diante do abandono dunha das nosas maiores riquezas medioambientais e económicas como é a ría, acometendo recheos indiscriminados durante décadas e creando barreiras artificiais consentidas polo PP e o PSOE como o Peirao Carboeiro non se teña adoptado ningunha medida para paliar este deterioro acometendo a limpeza dos fondos de cara a súa rexeneración.

 

Iván Rivas afirmou que o primeiro paso consiste en romper con esta inercia e silencios cómplices co que os representantes da Xunta e do Estado se senten moi cómodos. Por isto pediulle aos representantes políticos locais que actúen en función dos intereses da cidade e da comarca e non como cómplices das súas organizacións políticas.

 

Rivas, demandou ao PP e ao PSOE que censuren de maneira unánime a actitude e indiferenza mantida por parte do goberno da Xunta e do Estado para despois exixirlles que de maneira urxente nunha reunión cara a cara coa corporación municipal den unha resposta satisfactoria ás nosas demandas saíndo desta parálise na que a día de hoxe nos teñen sumido.

 

Para o BNG compre exixir ao Estado e á Xunta que adopten medidas inmediatas que rompan coa deriva actual e sirvan de punto de inflexión de cara o futuro.

O BNG propón ao pleno reprobar à Xunta e ao goberno Central pola situación actual da comarca