Novas
Emafesa
Novas
Novas
Para o BNG a resolución sobre as facturas de ACUAES demostra o entregismo do goberno local a intereses alleos à cidade
03/abr./2022
Iván Rivas sinalou que xa en outubro de 2020 o BNG denunciaba a intención do Alcalde desta cidade de pagar as cantidades esixidas pola empresa ACUAES, dependente do Ministerio de Fomento, correspondentes á construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol que xa pagamos na taxa de depuración e que cobra EMAFESA.
Novas
O BNG considera irresponsábel o comportamento do goberno local na xestión do saneamento
23/dec./2021
O BNG advirte que o alcalde está a promover unha nova addenda ao convenio con ACUAES que incrementará os importes que os veciños e veciñas desta cidade teñan que pagar pola execución das obras de saneamento e unha prorroga do convenio de xestión da EDAR polo cal seguiremos a pagar a depuración do concello de Narón.
Novas
Novas
O BNG propón acometer o saneamento da zona rural
20/maio/2021
Ivan Rivas, portavoz nacionalista, considera que é urxente e inaprazábel desenvolver o saneamento na zona rural. Uns investimentos que deben vir reflectidos nas contas anuais de EMAFESA. quen xa dispón do diñeiro na suas arcas produto de ternos cobrado por este concepto a través da taxa de saneamento.
Novas
O BNG acusa ao goberno local de negarse a abordar o problema de fondo do saneamento
23/out./2020
O BNG censura que o goberno municipal non queira abordar o problema de fondo do saneamento e se limite a discutir a porcentaxe que debe pagar sen poñer en entredito o modelo, nin a forma de xestión e indícalle que a mellor maneira de deixar de pagar o 100% polos custos de saneamento é devolverlle a EDAR ao seu propietario, Augas de Galiza.
Novas
Propostas políticas