Os cartos non dan a felicidade... pero axudan
Ferrol contou en 2018 cuns ingresos de 50M de euros. Pontevedra con 75M de euros.
Parece obvio que en Ferrol temos un grave problema de diñeiro. As grandes empresas e as administracións públicas que deberían colaborar coa cidade non pagan os impostos que pagamos o resto. E o problema xa non é a indiferenza dos que nos tratan como a un saco sen fondo, o problema é que contan coa complicidade de PP, PSOE, e FeC que llo permiten.
Porque...
1. NAVANTIA que só paga IBI por orde xudicial, dilata a orde de inicio das F110 e reduce en máis dun 25% o seu plantel.
2. EMAFESA non paga 1,4 M de euros ao ano pero nos cobra as taxas de auga e depuración porque PP e FeC llo toleran.
3. O Ministerio de Defensa non paga os impostos que lle obriga a lei por propiedades abandonadas como o Sánchez Aguilera.
4. O Ministerio de Defensa tampouco compensa con un só euro á cidade por ocupar máis do 20% solo urbano gratuítamente.
5. A Autoridade Portuaria non paga 0,7 millóns de euros ao ano de IBI polo Peirao Exterior.
6. A Xunta de Galiza non paga impostos polo Hospital nin o quere facer coa ampliación.
7. A Igrexa non paga un euro polos edificios que non están destinados ao culto, como vivendas ou aparcadoiros.
Son millóns e millóns de euros ao ano que os ferroláns deixan de recibir e aínda así todos eles contan con auga, electricidade e acceso a todos os servizos municipais pola complicidade con PP, PSOE e FeC.
Como imos saír adiante se os que nos deberían botar unha man non nola quitan do pescozo?
Por iso de cara ao próximo mandato municipal compre:
- Cobrarlle ao Mo de Defensa os impostos que ten obriga de pagar
- Cobrarlle a EMAFESA o canón que ten que pagar por xestionar o auga.
- Cobrarlle a Igrexa polas propiedades que non son de culto.
- Cobrarlle á Autoridade Portuaria os impostos correspondentes polo Peirao Exterior.
- Cobrarlle ás subministradoras de enerxía( electricidade, gas) e telefonía pola ocupación de solo público.
- Facer un censo de propiedades da Igrexa e do Estado, aclarando o seu uso e estado.
- Facer un censo de vivendas e locais baleiros e cobrar un recargo aos que non se queiran alugar.
Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo