O BNG considera un escándalo a proposta para salvar EMAFESA

Iván Rivas
Iván Rivas
O BNG considera un escándalo a proposta para salvar EMAFESA

Ferrol 15 de setembro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol á vista da situación económica da empresa EMAFESA, abordada esta mañá nunha xunta de portavoces, considera imprescindíbel que se proceda á remunicipalización da empresa Emafesa e se exixan responsabilidades tanto á parte privada da empresa como á Xunta de Galiza, en contra do criterio que pretende aplicar o goberno local mediante unha operación de branqueamento para reformular o equilibrio accionarial da mesma a través da compra das accións do socio privado.

Rivas lembra que o BNG leva máis de 10 anos advertindo en solitario no nefasto que resultaba para a veciñanza de Ferrol a decisión do PP en 2014 de arrogarse a xestión da depuradora. Desde aquela seguimos a asumir os gastos do concello de Narón, despois de ter pagar a reparación da EDAR e asumir os gastos dun sistema de depuración unitario cun custes inasumibles, e onde a Xunta de Galiza e a parte privada da empresa se eximen de responsabilidade grazas á complicidade do goberno local.

Para Rivas resulta totalmente inaceptable a actitude do actual Alcalde, que sendo o responsable inicial da situación actual desde o momento en que se fixo cargo dunha infraestrutura supramunicipal como é a EDAR para eximir de responsabilidades á Xunta de Galiza e incrementar o volume de negocio da parte privada de EMAFESA, non só non rectificou desde a súa chegada ao goberno en cidade en 2023 senón que fixo cargar sobre as costas da veciñanza as consecuencias das súas decisións incrementando o custe dos recibos do auga ao inicio do mandato.

Mesmo no momento actual, continúa nesta fuxida cara adiante e no canto de municipalizar o servizo, devolver a EDAR á Xunta e exixir responsabilidades á empresa pola deficiente xestión, pretende esconder o problema debaixo da alfombra mediante a inxección de diñeiro público e sen asumir a municipalización do servizo.

O portavoz municipal do BNG de Ferrol preguntouse hoxe que máis ten que pasar para que o goberno local esixa responsabilidades á parte privada de EMAFESA e a Xunta de Galiza, remunicipalice a empresa e deixe de repercutir na veciñanza de Ferrol o desastre da xestión da depuración no concello de Ferrol que o PP decidiu iniciar en 2014.

O BNG considera un escándalo a proposta para salvar EMAFESA